Disculpamos a ausencia do Xulio Couxil, na emisión de hoxe, por certas obrigas persoais, pero despois das salutacións a tódolos nosos oíntes e seguidores comezamos coa escoita dunha peza musical galega para darlle paso á entrevista con MIRIAM FERRADANS, poetisa recén gañadora do 2º Premio do XXX Certame de Poesía Rosalía da Castro de Cornellà.
A segunda intervención é a conversa con XABIER MOURE, un arqueólogo galego que nos fai un percorrido interesantísmo sobre as súas investigacións e traballos.

A entrevista final é con XABIER F. ROUCO FERREIRO, recén gañador do 1º Premio do "XXX Certame de Poesía Rosalía de Castro", que nos fala da súa traxectoria creativa. Despedímonos ate o vindeiro programa que será o día 12, posto que as festas que se aproximan non nos permiten a emisión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario