jueves, 9 de febrero de 2017

Xoves 09 de FEBREIRO do 2017

Comezamos conectando con SUSANA VILA, Concelleira del Ayuntamiento de CACABELOS, que nos pon ao corrente da próxima participación no "XIV Festival del Botillo en Catalunya", organizado pola Asociación de Bercianos ASOBECAT, e que elixiron a este Concello para homenaxealo neste acontecemento da vindeira fin de semana no Hotel Front Air de Sant Boi de Llobregat. Aténdenos moi amablemente e infórmanos do que teñen previsto ofrecer a tódolos asistentes para que poidan coñecer máis polo miúdo este concello do Bierzo, tan rico en gastronomía, viticultura e historia.



A segunda entrevista.conversa é con don RUBÉN FERNÁNDEZ, da "Casa Castelao", con quen falamos da "XX Feira do Butelo de A Fonsagrada", prevista para os vindeiros días 18 e 19 de febreiro. Aproveitamos para comentar diversos aspectos da Feira e da súa Casa Castelao, que ofrece unha morea de productos derivados do porco, de grande calidade. 



Seguimos, na segunda hora, coma sempre, co noso correspondente na Ribeira Sacra, Xosé Manuel, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, que sempre escolle algunhas noticias interesantes para tódolos nosos oíntes e seguidores, e mándanos a súa creación humorística alusiva ao programa: Nadar, nadar, para afogarse na beira, que sempre aproveitamos para compartir con todos vosoutros.


Para finalizar conectamos novamente con Galicia, concretamente achegámonos Á Coruña, para falar con MERO Iglesias, compoñente e fundador do GRUPO A Quenlla que nos fala da súa traxectoria musical e da súa aportación recopilatoria musical que se atopa no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela, e que todo o mundo pode consultar. Agradecémoslle a súa atención.


Desexamos que volvan a sintonizarnos a vindeira semana, á mesma hora, claro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario