domingo, 18 de marzo de 2018

XOVES 15 de MARZO do 2018

No programa de hoxe comezamos conectando con MARÍA SOLAR, periodista, locutora, presentadora e escritora coa que comentamos o éxito do seu libro: OS NENOS DA VARIOLA, novela que foi premiada como o mellor libro xuvenil do 2017, Agradecémoslle a súa colaboración e participación desinteresada que sempre nos dispensa.

A segunda comunicación é con XABIER VIZCAINO, cantautor galego que nos fala do seu ultimo traballo DIÁSPORA, que ten previsto presentar e facer unha xira por América, comezando por México próximamente, e despois ten previsto amosalo en España.

Despois aproveitamos para falar con BEATRIZ VILA FREIRE, que sempre ten noticias e novidades moi interesantes relacionadas con Lugo e moi especialmente coa Ribeira Sacra, onde ela ten o seu centro de operacións e destino oficial.


E rematamos o programa conectando cos de Míl Son's, que veñen de presentar unha grande actuación en Castro Caldelas. Xunto cunha morea de artistas e grandes interpretes veñen de realizar unha curtametraxe: "Este Vaise", ademais de actuacións en directo para presentar a Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade na Unesco. Agradecémsolle a súa aportación.


A vindeira semana máis. Non deixedes de sintonizarnos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario