Comezamos outra emisión de dúas horas de radio en galego, dándolles a ben.vida e ofrecéndolles unha peza de música para encetar a nosa primeira comunicación. Conectamos con don ALFONSO MIGUEZ, "Chef" do Restaurante "Manuel - Manuel" de Lugo. A conversa fai referencia ao seu traballo como chef e coordinador da cociña dese Restaurante emblemático na capital luguesa. Agradecémoslle a súa atención e desexámoslle que continúen colleitando éxitos.
Despois falamos con CRISTINA VALADO, unha poetisa afincada en Vigo que xa ten publicado un libro DIOSA DE FUEGO, e fálanos da súa traxectoria creativa e dos seus proxectos próximos. Está moi interesada en publicar outro libro de poesía, en galego, adicado ao rural, á terra, ao pobo. Agasállanos recitando dúas das súas creacións poéticas.
A segunda hora adicada á sección QUEN CHE PREGUNTOU?, a cargo do noso colaborador e correspondente XOSÉ MANUEL F. MONTES, que dende a Capital da Ribeira Sacra -Monforte de Lemos- sempre ten preparados os seus "Me Ghustan e Non Me Ghustan", relacionados coa realidade social galega, cultural e divertida. Agradecémoslle a súa aportación.

A vindeira semana voltaremos e agardamos que volvan a sintonizarnos. ¡Sexan Felices!
No hay comentarios:
Publicar un comentario