jueves, 27 de septiembre de 2018

XOVES 27 de SETEMBRO do 2018

Comezamos o programa dándolle a ben-vida a ANXO LORENZO, que ven a presentarnos o seu ultimo CD: VORTEX, e aproveitamos para manter unha conversa moi distendida e falar da súa actuación o día de maña, 28, na Sala APOLO de Barcelona, tendo como teloneiros a RIU.  Agradecésmolle a sea visita e participación no noso programa.

Seguidamente aproveitamos a presencia de Anxo nos estudos para darlle unha agradable sorpresa e falamos con XABIER DÍAZ, que tamén virá a Barcelona, concretamente ao Tradicionarius de Gracia o domingo día 7 de Outubro, acompañado das Adufeiras de Salitre, para presentar o nova fórmula do seu ultimo CD: NORÓ. Despedímolo e desexámoslle moitos éxitos.

Interrumpimos a conversa que mantiñamos con Anxo, para falar co "Chef" do Restaurante "Merençao", en Doade, CARLOS XABIER, que nos comenta a nova situación desde Restaurante de grande prestigio na Ribeira Sacra, que comparte localización cunha das grandes Adegas dalí e agradecémoslle a súa amable atención. En vindeiras datas voltaremos a comunicarnos con el.

Continuamos nos estudos falando con Anxo Lorenzo e voltamos a informar das posibilidades que teñen os nosos oíntes e seguidores para poder asistir á Sala Apolo de Barcelona, para adquirir o seu CD VORTEX, e aproveitar para que lle-lo asine e dedique. E xa para despedirnos de Anxo escoitamos outro bocadito da súa música. ¡Moitas grazas pola tua visita, ANXO!

Na segunda hora, coma sempre, conectamos co noso correspondente na capital de Ribeira Sacra, Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? que sempre ten preparadas as súas aportación cos "Me ghustan e Non Me ghustan" relacionadas coa actualidade galega que el mesmo escolle, e termina facendo tres recomendacións para poder disfrutar: Aproveitar a oferta do "Viño Bus" da Ribeira Sacra, a "Festa ARZÚA Ecolóxica" ou a degustación de Carne de Boi que se ofrece na vila de Allariz a partir deste venres. Tamén nos envía a "viñeta" alusiva a algunha das cousas comentadas no programa de hox e que compartimos con todos vosoutros. Unha grande descuberta escoitada, non hai motos días, no Congreso dos Deputados en Madrid. O texto que acompaña esta ilustración é este: "Es un hecho que el castellano ha desaparecido de Galicia" Toni Cantó dixit. 


A ultima intervención é a conexión coa nosa admirada e benquerida MERCHI ALVAREZ, Presidenta de GALICIAME, que nos informa da recente creación dunha importantísima BECA de nada menos que 50 mil €uros, para a investigación da Atrofia Muscular Espinal, creada pola Asociación que ela mesmo preside e tamén nos comenta outras actuacións encamiñadas a recadar recursos para eses fins da investigación. Agradecémoslle a súa participación e despedímonos desexando que sigan tendo moitos éxitos.

A vindeira semana mais. Non deixen de sintonizarnos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario