jueves, 31 de enero de 2019

XOVES 31 de XANEIRO do 2019

Con Manuel Rodríguez Julián
Comezamos un día máis con todos vosoutros, dándolle a ben-vinda ao noso amigo e "histórico" da Radio MANUEL RODRÍGUEZ JULIÁN, que nos acompaña hoxe na emisión. Agradecémoslle a súa presencia. Despois de escoitar unha peciña musical conectamos con Galicia para falar co noso admirado fundador e lider de LUAR NA LUBRE, don Bieito Romero. Agradecerlle a súa amable atención e enviarlle os nosos parabens polos éxitos que están acadando con ese ultimo CD "Ribeira Sacra" que levan presentado e moitos concertos por Galicia e toda a Península. Infórmanos de próximas actuacións do Grupo, unhas pinceladas do CD e moitas cousas máis, axudándonos a comprender algo máis desa nosa tradición e música galega.

A segunda conversa é con dona Obdulia, da "Casa do Labrego", en Baamonde, concello de Bergonte. Un Restaurante de beleza singular, xa que ten recuperados moitos mobeis antigos que se convirten en mesa, como pode ser unha cama de madeira antiga moi rústica. Conta cunha tradición familiar moi importante e ofrece unha serie de menús galegos moi solicitados, tanto desta época como doutras estacións do ano. Indícanos que os postres son todos caseiros, elaborados con productos naturais de grande calidade. Gábase de ofrecer un dos mellores cocidos da zona, acompañado dun caldo moi solicitado nesta época. Convídanos a visitar a súa páxina web e comprobar as ofertas que se poden degustar. É recomendable chamarlle para reservar e poder ter garantía de servicio. Desexámoslle moitos éxitos e agradecémoslle a súa invitación para visitala.

Continuamos, na segunda hora, comentando a celebración do "Filandón na A.C.G.Rosalía de Castro" a fin de semana pasada, aproveitando a visita de Manuel Rodríguez Julián, un dos actuantes.
E continuamos o programa conectando co noso correspondente en Monforte de Lemos, Xosé Manuel F.Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? na que fai un percorrido pola actualidade dándonos os seus Me Ghustan e Non Me ghustan e finalizando cunha curiosidade interesante, ademais de enviarnos a viñeta alusiva ao programa de hoxe.

E a última intervención é a da nosa correspondente nos Ancares Lugueses, dona FERNANDA FOLLANA NEIRA, que nos pon ao corrente dalgunhas novidades daquela contorna e preséntanos unha Ruta polos Ancares, moi detallada e chea de engado, para os que desexen disfrutar non só da montaña senón tamén dun percorrido sendeirista diferente. 


A vindeira semana voltaremos, con máis novidades e máis entrevistas. ¡Sintonizainos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario