jueves, 25 de abril de 2019

XOVES 25 de ABRIL do 2019

Comezamos outro programa máis, despois das vacacións de Semana Santa, neste día de celebración da "Revolución dos Cravos", e ofrecémoslle escoitar o himno "Grándola Vila Morena", que tanto identifica aquela data do 25 de Abril do 1974. Despois poñémonos en contacto con Manuel Vazquez Osorio, Presidente do Centro Galego NÓS de Sabadell, para que nos fale e informe máis polo miúdo, da celebración da "IV Festa do LACÓN" nesa localidade do Vallés. Tamén nos fala das diferentes actividades que realizan, tanto das que teñen a ver coa propia Entidade Galega, como aquelas nas que participan como integrantes da sociedade galega e daquelas que forman parte da propia cidade de Sabadell na que teñen un prestixio moi arraigado. Agradecémoslle a súa aportación e desexámoslles que acaden moitos éxitos.

Despois de escoitar outro bocadiño de música, voltamos a Galicia, concretamente a Vilalba, onde se atopa a poeta e escritora Emilia Martínez Fuentes, coa que mantemos unha pequena entrevista-conversa falando da súa traxectoria creativa e da próxima presentación do seu poemario que leva por título: "Lendas e Versos". Fará unha primeira presentación na localidade de Vilalba, onde está a residir, pero seguro que terá previsto achegarse a outras localidades galegas para amosalo.

Comezamos a segunda hora falando co don MANOEL CARRETE, Asesor de Emigración da Deputación de Ourense. Comeza a súa intervención informándonos de que posiblemente se poña en marcha, axiña, o Museo Arqueolóxico da Roibeira Sacra, que xa casi está rematado, la localidade de Castro Caldelas. Tamén nos fala do "Museo da Emigración" que terá a súa ubicación no Pazo de Vilamarín. Estanse a realizar traballos de acondicionamento dos edificios e completar o moito papeleo e traballo administrativo que requiren estas dúas grandes obras que poñen en valor o traballo que os "emigrantes galegos no exterior" veñen realizando dende hai moitos anos.

Tamén nos poñemos en contacto con Fernanda Follana Neira, a nosa correspondente na zona dos Ancares, que fai unha pequena crónica de informacións e sucesos que serven para que se coñeza moito mellor a evolución da nosa poboación galega e  das moitas pezas museística que compre amosar e cuidar nestes dous grandes Museos que pronto veran a luz. ¡Moitos parabens!

E denantes de finalizar, ainda temos espazo suficiente para informar dunhas pequenas noticias moi interesantes, relaciondas co mundo do Termalismo e dos baños recomendados polos médicos especialistas, que forman parte dunha fórmula máis dinámica de aproveitar. Dalgunha que outra celebracion e premios acadados por varios artistas...

Finalizamos o programa despois de informarvos, dando a coñecer algunha que outra noticia galega de interese, e dende agora mesmo, desexamos que pasen unha feliz semana e volvan a sintonizarnos o vindeiro xoves á mesma hora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario