Comezamos un programa máis escoitando a nosa sintonía de inicio, dándolles a ben.vida e conectando con Galicia para falar con dona DIGNA Gómez, da Panadería DISU de Navia de Suarna. Agradecémoslle a súa amable atención. Fálanos dos productos que serven no seu establecemento, dos doces familiares e caseiros, das empanadas, do pan con mezcla de trigo do país, do pan de centeo... ... Indícanos que tamén se poden mercar por internet e recibilos directamente na casa. Teñen varios establecementos en Hospitalet que reciben os seus produtos, dúas veces por semana. Avánzanos que están traballando para darlle un impulso e posiblemente pronto poderemos contemplar algunhas melloras e novidades na Panadería DISU.
A segunda conversa-entrevista é con ANXO QUINTANA, Xerente da Empresa "O Pepiño de Allariz", Casa de comidas, Restaurante e Tenda online, con Produtos Galegos de Calidade. Mantemos unha conversa moi distendida, recibindo información dos produtos que se poden adquirir, da situación pandémica que estamos a vivir e de cómo se vai "aguantando" este grande acontecemento que nos está atacando a todos e moi en especial ao sector da Hostelería e Restauración. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle que sigan acadando moitos éxitos.Despois, disculpando a non participación do noso correspondente Xosé Manuel, por mor dun asunto persoal que tivo que atender, atrevémonos a ler a poesía de Rosalía de Castro, na que fala do "Caldo de Groria", para commemorar o día de Rosalía, que se celebrou concretamente onte, día 24 de febreiro, data en que se celebra o 184 aniversario do nacemento da nosa poetisa.
Escoitamos outro bocadiño de música e voltamos a informar dalgunhas cousas máis, das que chegaron á nosa Redacción, relacionadas, claro está, coa nosa Cultura Galega.
Chamamos a Ricardo Souto Morano, poeta galego residente en Cambre. Dámoslle os nosos parabens pola edición do seu libro de poemas: "Reloucos dun lecer". E despois da petición de Armando, Ricardo agasállanos coa lectura de dous poemas da súa autoría. Fermosa declamación que lle agradecemos.
E despedímonos dos nosos oíntes e seguidores ate o vindeiro xoves, deixando pendurado o programa enteiro, a continuación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario