jueves, 19 de mayo de 2022

XOVES 19 de MAIO do 2022

Comezamos coa nosa sintonía e despois das salutacións correspondentes ofrecémoslle escoitar unha nova peza musical que será primicia para tódolos nosos oíntes e seguidores: "O Pano Corado". Acabamos de recibila, é das nosas admiradas e queridas Tanxugueiras. A seguir recibimos á primeira convidada de hoxe: SILVIA CASTAÑEDA, Presidenta da "Irmandade Galega de Rubí", que nos fala da XLI Festa Aniversario. Coméntanos as diferentes actividades programadas para celebrar este acontacemento e convídanos a participar e disfrutar deste evento en Rubí. Desexámoslle moita sorte.

A segunda convidada é unha Artista-Pintora galega, IRENE SILVA XIRALDEZ, concretamente de Belesar-Medialdea, en Bouzas. Parabenizámola pola súa actividade creativa, artística e poética e agradecémoslle que nos deixe compartir esta creación pictórica dixital adicada ao homenaxeado deste ano nas Letras Galegas: Florencio Delgado Gurriarán. Unha conversa moi amena que nos axuda a coñecela un bocadiño máis.


E continuamos na segunda hora conectando novamente con Galicia pra darlle a ben-vinda a MANUEL LOSADA.ESCRITOR, que nos recibe moi amablemente. Conversamos con el da súa producción literaria, concretamente do seu ultimo libro: "O misterio da illa de Cortegada" que presentou precisamente o día 17 de Maio con motivo das Letras Galegas. Tamén nos comenta un chisco da súa traxectoria persoal e profesional. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe e desexámoslle moitos éxitos.

Finalizamos o programa de hoxe coa crónica do noso amigo e estimado correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, XOSÉ MANUEL F. MONTES. Os seus Me Ghustan e Desghústanme, as súas "coñas" e algunha cousiña máis.

 

Despedímonos ate o vindeiro xoves. Aquí deixamos o programa completo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario