Unha nova entrega do noso programiña, tentando facerlles agradable estas dúas horas de Radio en Galego. Felicitándonos polos cen anos da Radio. Escoitamos a nosa sintonía de sempre, saudamos a tódolos nosos escoitantes e seguidores. Escoitamos un bocadiño de música e poñémonos en contacto con XAIME VARELA SIEIRO, Profesor, Investigador e Lincenciado en Filoloxía, con quen mantemos unha conversa moi interesante sobre unha muller cineasta galega un tanto esquecida: CRUZ MARTÍNEZ-RISCO. Acaba de presentar un traballo de investigación sobre ela, na Universidade de Santiago de Compostela. Coméntanos curiosidades e minuciosidades relacionadas con esa noticia tan interesante. Agradecémoslle a súa amable atención.
O segundo convidado no programa de hoxe é MARIO DIZ OTERO, Músico Director da Orquestra e Coro da Universidade de Santiago de Compostela. É Doutor en Educación, Profesor de Didáctica de Expresión Musical. Fálanos da súa traxectoria musical e compositora. Mantemos unha conversa moi interesante sobre algunhas das composicións que ten publicado. Tamén nos fala destrea e gravavión da laureada mezzosoprano Nuria Lorenzo coa suite de nanas "Tódolos Nenos Soñan" para formación de Mezzo,Viola e Arpa. Tamén destaca a publicación da metodoloxía Mi primer Violín, para a iniciación, que inclúe máis de vinte pezas compostas expresamente para este obxectivo. Agradecémoslle a súa participación de hoxe no programa.
Conectamos co noso correspondente XOSÉ MANUEL F. MONTES, na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, para recibir a súa participación na sección QUEN CHE PREGUNTOU? que como xa saben tódolos nosos escoitantes e seguidores, está dividida e varias sub-seccións: O Bule-Bulo (varias noticias nas que unha delas é un "bulo", que termos que tentar de descubrir), Que pasa que pasa na Ribeira Sacra (recolleita de noticias específicas daquela contorna), Sabedoría Popular e a colaboración dun artista, que nesta ocasión é nada menos que LIDIA VEIGA. Sempre é un pracer e unha honra ter a colaboración de Xosé Manuel.
Recibimos, a continuación, coa música de fondo que leva por título "Morena" a ADRIÁN MÉNDEZ FERNÁNDEZ, músico compoñente do Grupo Musical "DE NINGHURES", que próximamente recibirán o Premio da Música e da Poesía Galego-Portuguesas aRi(t)mar-Galiza e Portugal na Gala que se celebrará no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela o día vintedous de novembro. Fálanos das súas creacións musicais, das actuacións que realizaron estes meses atrás e das que teñen previsto par próximas datas. Tamén nos comenta a posibilidade que teñen os nosos escoitantes de acceder ás distintas plataformas dixitais para disfrutar da súa música. Anúncianos que pronto teremos unha nova composición, que posiblemente estrenarán na Gala da entrega do Premio. Desexamos que sigan colleitando moitos éxitos.
Despedímonos desexando que teñan unha feliz semana.
Deixamos aquí o programa enteiro-completo. Lembrámoslles que se reemite este programa en Radio FENE, mañá mesmo, venres, a partir das 15 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario