jueves, 10 de abril de 2025

XOVES 10 de ABRIL do 2025

Unha nova emisión do noso programa de cada xoves. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións oportunas e unha peciña de música, poñémonos en contacto con HELENA POUSA ORTEGA, en Salceda de Caselas, que nos fala das actividades que teñen previstas realizar a partir de mañá día 11, o sábado 12, o domingo 13 e o venres 25 relacionadas, todas elas coa Memoria Histórica. Grandes eventos moi importantes con Conferencias, Exposicións e moitas cousas máis, que ela nos detalla con precisión e que ademais pódense consultar na páxina que teñen habilitada. Agradecémoslle as informacións recibidas e desexámoslle que teñan moitos éxito.

A continuación damos a coñecer varias informacións moi interesantes: a próxima celebración da "XLV Feira do Viño de AMANDI". Tiñamos previsto conectar co Ilmo.Señor Alcalde de Sober, don LUÍS FERNÁNDEZ GUITIÁN, pero non puido ser, porque non avisamos con tempo e ten outros compromisos urxentes. De tódolos xeitos sabemos que a persoa que fará o Pregón deste evento será LUCÍA PÉREZ. Comeza esta Feira mañá mesmo, día 11. As cinco da tarde haberá unha pre.cata e a continuación o Pregón denantes anunciado. Tamén comentamos a próxima celebración da "LXV Festa da LAMPREA-2025" que se fai na localidade de ARBO.

Seguimos escoitando outro bocadiño de música e temos a honra de recibir ao Ilmo.Sr. Alcalde de ARBO, don HORACIO GIL EXPÓSITO. Falabamos denantes da Festa da Lamprea e o propio Sr. Alcalde fainos unha intervención moi axeitada relacionada con este acontecemento declarado de Interese Turístico Internacional. Tamén nos fala de "ARBO-MOSTRA", algo que ten unha repercusión moi importante e relevante para os veciños e adegueiros que no Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea se poden admirar e informar con precisión. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslles que teñan moito éxito.

Recibimos a crónica do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra -Monforte de Lemos- XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado do apartado "QUEN CHE PREGUNTOU", que está sub-dividido en tres seccións moi específicas: O Bule-Bulo, o Que pasa, que pasa na Ribeira Sacra e a Sabedoría Popular que sempre finaliza coa intervención dun personaxe destacable colaborando coa sú aportación persoal. Sempre agradecidos ao noso correspondente, a quen lle desexaos unha feliz Semana Santa.

Conectamos novamente con Galicia para falar con MIGUEL FERREIRA, da Panadería "O Pan de San Antonio", en Pontecaldelas (Pontevedra). Comezamos a conversa-entrevista falando de que el representa xa a terceira xeración de panadeiros artesáns. Seus avós comezaron aló polo 1939 cun forno tradicional, ata hoxendía, que el segue a tradición familiar, ampliando as ofertas e produtos que os clientes poden degustar e mercar, non só no seu establecemento, senón que tamén se poden adquirir via "on line", xa que teñen un servizo moi importante con pan, empanadas e doces de grande calidade. Ademais están asociados cun Asador de Miranda do Ebro (José Antonio concretamente) que mediante a empresa MORALON, tamén serven esas empanadas e doces de grande calidade. Agradecémoslle a súa participación de hoxe e desexamos que teñan moitos pedidos e moito éxito! Aproveitamos para desexarlles unha FELIZ SEMANA SANTA e despedirnos ate o vindeiro xoves á mesma hora.

Deixamos aquí o programa Completo-Enteiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario