jueves, 29 de enero de 2026

XOVES 29 de XANEIRO do 2026

Outra semaniña máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e un bocadiño de música (Jota de Toreno) para recibir a don VICENTE MIRÓN VÁZQUEZ, Alcalde do Excmo.Concello de Toreno, a quen recibimos dándolle os nosos parabens, posto que é o pobo elexido por ASOBECAT (Asocicación de Bercianos de Cataluña) para ser o pobo homenaxeado neste "XXII Festival del Botillo-2026", que se celebrará, próximamente, concretamente o día 15 de febreiro no Hotel FrontAir Congress de Sant Boi de Llobregat. Fainos un pequeno percorrido pola localidade, convídanos a visitalos que sempre seremos moi ben recibidos. Agradecémoslle a súa amable atención.

A continuación poñémonos en contacto con NACHO ÁLVAREZ, da Adega "Pago de los Abuelos", en Puente Domingo Flores. Tamén o parabenizamos porque esta será a Adega que colaborará cos seus viños (Godello e Mencía) no "XXII Festival del Botillo 2026". Entregaráselle o Botillo-Homenaxe, como Adega escollida este ano. Coméntanos que é unha pequena adega que produce uns viños de calidade que teñen a D.O. Bierzo, pero coa distinción de "viticultura heroica". Descríbenos cómo traballan os seus productos, comentamos que foron premiados como o mellor mencía no ano 2014 e tamén nos convida a visitar a súa adega. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe.

Conectamos agora con Galicia, concretamente con Becerreá, onde se atopa PILAR DEIROS DÍAZ, que xunto con outras dúas donas están a levar adiante un traballo moi interesante, centrado na recollida e distribución de animais de compañía (cans e gatos) nuha finca chamada "Refuxio de Becerreá". Encárganse de recoller eses animais que foron abandonados e nalgúns casos maltratados, para acollelos, recuperalos e buscarlle algunha casa para que os adopten e os acollan. Desexamos que teñan moito éxito.

Falamos con PACO DIÉGUEZ BLANCO, artesán de Máscaras de Peliqueiros en Matamá - Laza. A súa dedicación para a elaboración de máscaras forma parte da grande aportación ao Entroido da súa localidade, herdada dos seus avós e que continúa nos seus fillos e netos. O seu taller tamén recibe alumnos para aprender a confeccionar esas caretas. Fálanos das celebracións tradicionais cheas de engado, a saída dos Peliqueiros, que visitan as casas dos veciños onde son convidados a degustar a bica acompañada de licores; o lúns de entroido, a saída da Morena coas formigas, as farrapadas... etcétera. Todo un proceso que forma parte da tradición popular e que recomenda non asistir como "mirandas" senón participando no Entroido e disfrutando destas festas acompañando aos Peliqueiros e Folións, así como as degustacións gastronómicas desta época. Desexámoslle moitos éxitos e que teña un ¡Feliz Entroido!

Despedímonos ata o vindeiro xoves á mesma hora.

Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario