Comezamos unha nova tempada, coa mesma sintonía de sempre e cos mesmos componentes do equipo: Nos controis Técnicos DAMIÀ. Como correspondente na capital da Ribeira Sacra (Monforte de Lemos), en Galicia, XOSÉ MANUEL F. MONTES e nas locucións Xulio COUGIL e mais ARMANDO FERNÁNDEZ.
Conectamos con Xosé Manuel, o encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? que nos fai un pequeno relatorio do máis sobranceiro das comunicacións-noticias en Galicia e... Como non? Falamos dos incendios que arrasan o máis fermoso da nosa terra. A praga, o cancro dos veráns... Primeiro ponnos os dentes longos coa descrición do lugar onde se atopa (Saviñao) e infórmanos das viandas que acababa de degustar na "bodega-chiringuito" da viña dende onde contempla a fermosura das ladeiras que baña o encoro de Belesar. Tamén se detén un chisco falando da noticia do achádego dun boleto da primitiva que se entregou no xulgado na Coruña, e que xa ten varios pretendentes... Despedímolo coa nova para tódolos nosos oíntes: Mudamos de día de emisión e aumentámo-lo horario: TÓDOLOS XOVES DE 16h á 18horas. Polo tanto a vindeira semana, día 26 de 4 a 6 da tarde.

Ata a vindeira semana, o XOVES, 26 de setembro de 4 á 6 da tarde. Con máis novidades e sorpresas. ¡Agardámosvos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario