jueves, 11 de diciembre de 2014

11 de decembro do 2014


Un xoves máis con todos vosoutros, para tentar entretérmonos e conversar-entrevistar aquelas pesoas que nos suxerides e aqueloutras coas que contactamos e que nos reciben agarimosamente.
A primeira comunicación é con BIEITO ROMERO, de Luar na Lubre, que veñen de publicar o seu CD TORRES DE BREOGHAN, a luz dos Milesians. Agradecémoslle a súa atención e mantemos unha conversa moi ilustrativa sobre o seu traballo e os vindeiros concertos. Felicitámolo.


De segundas conectamos con CARLOS NÚÑEZ, e para saudalo escoitamos una peza do seu ultimo CD : "INTER-CELTIC". Virá a realizar unha serie de Concertos a Catalunya, esta fin de semana concretamente: Manresa, Torroella de Montgri e Vilanova i la Geltrú. Tamén realizará un Concerto no Palau de la Música o vindeiro día 30 de decembro. Falamos moi distendidamente con el, acompañados de Manuel Marín, compañeiro da radio. Agradecémoslle a súa dedicación e atención, e prométenos que en vindeiras conexións posiblemente nos agasalle cunha entrada dobre para asistir ao seu Concerto no Palau. 


A terceira comunicación é  con GUADI GALEGO, outra artistaza do eido musical galego, á que saudamos cunha das pezas do seu CD : LÚAS DE OUTUBRO E AGOSTO. Felicitámola e agradecémoslle que nos atendera tan amablemente. Desexámoslle moitos éxitos e despedímola con outra peza do seu CD.


Finalmente falamos co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra: Xosé M.F.Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, que sempre nos ten preparadas unha serie de informacións-noticias coas que vimos debullando un chisco da actualidade galega do momento.


Despedímonos desexándolles que pasen unha semana moi feiticeira. Voltaremos o vindeiro xoves con máis entrevistas, conversas, noticias e música. ¡Agardámosvos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario