jueves, 4 de diciembre de 2014

XOVES 4 de decembro do 2014

Unha semana máis con todos vosoutros tentando levar adiante este programa en língua galega con entrevistas e conversas amenizadas coa nosa música galega.
Temos que disculpar ao noso correspondente de GALESPORT, Victor, xa que hoxe non podemos realizar a conexión semanal, como nos tiña acostumados.
A primeira comunicación é con ALFONSO LÓPEZ, autor e propietario do Blog: RECETAS DE RECHUPETE, a quen felicitamos por ter acadado un premio ao ser elixido o mellor blog gastronómico de España, e tamén de Galicia. A conversa-entrevista é moi esclarecedora e interesante.

Depois falamos con don OSCAR RODRÍGUEZ, Presidente do COXGA (Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia) que nos informa do fallo do "III Concurso de deseño de soias SAN ELOI"  que se fixo en Allariz, e no que resultou gañadora SONIA MARÍA VIZCAINO INSUA, con quen tamén aproveitamos para falar e felicitala por ter acadado o 1º Premio, xa por segunda vez.

Na segunda hora conectamos coa capital da Ribeira SACRA (Monforte) para falarmos co noso correspondente XOSÉ M.F.MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? e que nos fai un percibido polas informacións relacionadas con Galicia e que el escolle con precisión. Acabamos a conexión coas súas recomendacións e propostas para esta fin de semana.


Acabamos o programa dedicándolle uns minutiños ás novidades musicais chegadas á nosa Redacción: O CD de GUADI GALEGO: Lúas de outbro e agosto. Saíu ao prelo o CD de Luar na Lubre: Torre de Breoghan. Celebración do "25 aniversario da Asociación de Gaiteros Galegos", á que asistirán Leila, Treixadura, Os Carunchos, Abertal, Raúl Galego, Nela de Bres, Otilio da Fonsagrada, Desiderio da Pontenova, Antonio de Lourenzá, Modesto da Fonsagrada e o Grupo de Mestres da Tradescola. Farase no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, esta fin de semana.


Agardamos que volvades a sintonizarnos a vindeira semana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario