jueves, 4 de mayo de 2017

Xoves 04 de MAIO do 2017

Unha semaniña máis con todos vosoutros. Comezamos conectando con Galicia, concretamente con Rianxo, para falar con GONZALO HERMO, Licenciado en Lingüística galega, recentemente doutorado, escritor e poeta, que nos pon ao corrente da súa actividade creativa e comparte con nosoutros as súas inquedanzas literarias e lingüísticas.

A segunda conversa-entrevista é con ISABEL RISCO, unha Actriz moi recoñecida en Galicia, Graduada en Pedagoxía Teatral, con quen mantemos unha moi entretida e amena conversa, falando das moitas actividades e participacións artísticas nas que colabora. Agradecémoslle a súa amable atención.

Seguimos, nesta segunda hora, falando co noso correspondente XOSÉ MANUEL F. MONTES, que nos fai a súa crónica semanal da sección QUEN CHE PREGUNTOU? dende Ourense, onde se atopa por motivos profesionais e participativos. A proba do mesmo témola no video que colgamos aquí mesmo. Tamén nos fai o seu percorrido habitual polos "Me Gusta e Non me gusta" moi relacionados coa actualidade da nosa comunidade Galicia.

E a ultima conversa.entrevista é con MARTIÑO MASEDA, outro Licenciado galego, escritor e poeta de Villalba, que nos fai partícipe das súas inquedanzas e creatividade, ademais de adiantarnos a próxima edición dun CD que levará por título CRAK, e que estará composto por varios poemas declamadospor el e acompañados de interpretacións musicais alusivas aos memos.

Despedímosnos ate a vindeira semana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario