jueves, 25 de mayo de 2017

XOVES, 25 de MAIO do 2017

Comezamos o programa convidándoos a escoitar unha peza de música galega para despois comunicarnos ciroga, que nos informa da con don PEDRO SOTO, un colleiteiro de ACEITE de Quiroga que nos fala da "18 Festa-Mostra do Aceite de Quiroga" que se celebrará esta vindeira fin de semana á que asistirán media ducia de colleiteiros xunto con outros artesáns da zona.

A segunda entrevista-conversa é con dona SILVIA CASTAÑEDA, xunto con don RAÚL VELASCO, que nos atenden moi amablemente e axúdannos a informar a tódolos nosos oíntes e seguidores da "XXXVI Festa Galega da Irmandade de RUBÍ", que este ano ten como aliciente incorporado a celebración do "Iº Certame de Relatos" da Entidade. Esta fin de semana están todos convidados a participar deste grande evento na Rambla do Ferrocarril de Rubí. 


A segunda hora comeza coa intervención do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte, XOSÉ MANUEL F. MONTES, que sempre ten preparadas os seus "Me Gusta" e "Non me Gusta" moi relacionados coa realidade galega do momento e termina a súa paarticipación enviándonos as súas frases retranqueiras: "O galego éche así". Tamén nos envía a súa creación artística relacionada coa súa colaboración, neste caso é unha homenaxe a Guitián, humorista gráfico da A Coruña, xa que a denuncia que lle puxeron foi sobreseída. ¡Graciñas, Xosé Manuel!


Aínda temos tempo para falar con Manu Núñez, "chef" do Restaurante "ARUME", na rúa Botella, 11-13 de Barcelona, que nos fai sabedores do que se pode degustar nese restaurante galego de grande calidade. Foron eles os que participaron no evento relacionado coa emisión da película SCIXIA, que ten como fondo principal a Costa da Morte e eles confeccionaron un menú especial con productos daquela zona. Agradecémoslle a súa participación.


A vindeira semana voltaremos á mesma hora, para ofrecervos un programiña máis, con moitoa música, novidades e entrevistas. Non deixedes de sintonizarnos e mandainos as vosas suxerencias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario