Un programiña máis de dúas horas en galego. Comezamos conectando con LUCÍA PÉREZ, esa cantautora galega que nos representou na Eurovisión do 2011, e que segue a colleitar éxitos na súa traxectoria profesional. Agora mesmo está a presentar un programa na Radio Televisión Galega, tódolos luns: "Quérote tanto", que está a ter moito éxito. Tamén nos informa da súa participación, nesta vindeira fin de semana, nun concerto en Pamplona, a beneficio do proxecto Home.
A segunda conversa é con DANIEL ARZA, de CAURELOR, que nos da cumprida información das novidades e propostas que están a confeccionar para este Nadal. Sempre nos atende con amabilidade.

A ultima intervención é unha entrevista que nos concedeu don Xosé Lois Lamazares, da Empresa "Galletas Daveiga", radicada en Chantada e que nos fala dos difíciles comezos e da actual situación boiante e próspera que está a ter moita demanda, especialmente en Portugal. Agradecémoslle a súa aportación e desexámoslle moitos éxitos nos seus proxectos e obxectivos.
A vindeira semana voltaremos. non deixedes de sintonizarnos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario