jueves, 30 de noviembre de 2017

XOVES 30 de novembro do 2017

Ultimo programa do mes dos SANTOS, que comezamos ofrecéndolles unha peza musical e conectando con Galicia para falar con XOSÉ LUÍS LIS Latas, artesán e Profesor no seu Obradoiro de Gaitas en Lugo. Unha conversa que nos fai coñecer un chisco máis a súa creatividade e grande investigación arredor da Gaita Galega.


A segunda entrevista é co Poeta Labrego de Chantada, PACO LEDO, que nos comenta a súa faceta creativa e traballo de labrego enxebre na zona de Chantada. Moi amable e bon coñecedor da zona, que acaba agasallándonos coa declamación dun dos seus  fermosos poemas.


O noso aparatado QUEN CHE PREGUNTOU? do que se encarga Xosé Manuel F. Montes, sempre comeza cos seus Me Ghustan e Non Me Ghustan, que elixe moi axeitadamente, acompañados dos seus comentarios complementarios. Tamén aproveita para introducir a súa aportación especial adicada ao noso idioma que el mesmo denomina "O Galego éche así". 


Finalmente falamos con ROBERTO REGAL, enólogo e adegueiro que nos comenta as ultimas novidades sobre a súa Adega ENONATURA, na Ribeira Sacra, así como outros traballos nos que participa, sempre relacionados coa viticultura. Agradecémoslle a súa aportación no noso humilde programa.


A vindeira semana non teremos programa. É festivo. Agardámosvos na vindeira ocasión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario