Un programiña máis, penúltimo do ano, para tentar entretervos perante estas dúas horiñas, en galego. Comezamos escoitando unha peciña musical e deseguida conectamos con Galicia para falar con QUICO CADAVAL, que nos atende moi amablemente e con quen mantemos unha conversa-entrevista na que aproveitamos para felicitalo pola súa aportación e participación na GALA de GALICIAME, en Cambados, a semana pasada. Tamén nos fala do seu traballo e das súas propostas para o vindeiro ano, nas que está traballando. Agradecémoslle a súa paticipación.
Despoiss conectamos con MERCHI ALVAREZ, a nosa amiga Presidenta de GALICIAME, que nos conta unha serie de cousas moi interesantes relacionadas coa Asociación, co seu traballo, co éxito acadado na GALA de Cambados a semana pasada, coa recepción no Senado (en Madrid) a coincidencia con Richard Gere... moitas e interesantes cousas.

Finalmente chamamos a Marcos de Manuel, pai dun neno que padece AME, socio da Galiciame, e que ven sendo tratado dende fai uns anos no Hospital San Joan de Dios, aquí en Barcelona. Fálanos das súas inquedanzas e do día a día familiar. Agradecémoslle a súa colaboración no noso programa.
O vindeiro xoves agardámosvos a todos, á mesma hora, outra vez. Teremos sorpresas agradables e moi interesantes. Non faltedes!!! Que pasades unha feliz semana!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario