jueves, 21 de diciembre de 2017

Ultimo programa do ano 2017

XOVES 21 de DECEMBRO do 2017

Comezamos o programa cunha novidade: emitimos vía facebook este ultimo programa do ano e podedes comprobalo neste enlace: Galegos no BAIX. A primeira comuniciación é con dona CONCHA LOSADA, responsable do APOI do Museo do POBO GALEGO. Mantemos unha conversa moi interesante sobre as múltiplas oportunidades que se poden disfrutar nese edificio emblemático onde se aloxa o MPG, en San Domingos de Bonaval.


A segunda comunicación é con MAR AMBRONA MARCIAL, da empresa https://www.exquisitec.es/ especializada en marisco e tamén en http://www.portodecambados.com/. Fálanos dos productos en fresco e en conserva (conxelados) que se poden adquirir para estas datas nadalencas. A súa especialidade son as Vieiras, pero este ano non se poderán adquirir pola "veda" actual. Agradecémoslle a súa amable atención.


O apartado "Quen che Preguntou? que está a cargo do noso correspondente Xosé Manuel F. Montes, na capital da Ribeira Sacra, Monforte, Comeza cos seus "Me ghustan e Non me ghustan" sempre moi ben escollidos e acaba a súa intervención coa descrición dunha salientable nota sobre unha noticia interesante, ademais de enviarnos a súa colaboración creativa, que compartimos con todos vosoutros.


Finalizamos o programa de hoxe conectando novamente con Galicia, para falar con Cheri Galindo, do Concello de Vilalba, que nos fala da Feira do Capón de Nadal da vila de Vilalba. Aproveita para falarnos doutras esquisiteces que se poden atopar nesa localidade, como é o Queixo de San Simón e os Roscos dos Andrade, que se poden degustar no Hostal Anduriña.


Aproveitamos para desexarlles un moi FELIZ NADAL e que teñan unha feliz saída de ano vello e ventureira entrada de Aninovo 2018. Agradámosvos despois de Reises.

No hay comentarios:

Publicar un comentario