jueves, 11 de enero de 2018

Primeiro programa do ano 2018

11 de XANEIRO do 2018

Comezamos o programa dándolles a ben-vinda e escoitando unha peciña musical para saudar á nosa primeira convidada CARMEN VÁZQUEZ, en Porto do Son e nai de Tiago, que padece AME e foi o primeiro neno (de tres aniños) que acaba de ser tratado con esa menciña tan cara e que está a ter uns resultados moi satisfactorios. Agradecémoslle a súa aportación neste noso programa e seguiremos a súa traxectoria.


O segundo contertulio, entrevistado, é XURXO ALBA, que dirixe a Adega ALBAMAR, de Castrelos (Cambados). Unha conversa moi interesante que nos fai partícipe da súa paixón pola viticultura e prometémonos voltar a conectar con el para que nos informe do proxecto que ten con varios amigos para amosar os praceres do viño nun acontecemento que se celebrará no mes de Abril en Barcelona e que leva por título "Vinos off the record", e que xa ofreceron en Madrid. Estaremos atentos para que nos informe con máis detalle en vindeiras entrevistas.


Na segunda hora conectamos co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra -Monforte de Lemos- XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? e que sempre ten preparados os seus "Me Ghustan" e "Non me ghustan" moi ben escollidos e cos que nos aporta certa documentación e información precisa sobre eles. Tamén nos fai unha recomendación para visitar e disfrutar en Galicia, referida a algún acontecemento relevante ou Festa importante. Nesta ocasión é a "Festa dos Fachós en CASTROCALDELAS" para a vindeira fin de semana, concretamente o día 19 de xaneiro a partir das 19:45horas.


A última intervención-entrevista é con don LUÍS VILLARES, responsable da formación política "En Marea", con quen mantemos unha conversa moi interesante e prometémonos voltar a retomala en vindeiras datas, para ampliar os nosos coñecementos coas propostas que ofrecen para os cidadáns.


Despedímonos ate o vindeiro xoves e agardamos que volvan a sintonizarnos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario