jueves, 18 de enero de 2018

XOVES 18 de xaneiro do 2018

Comezamos un novo programa de dúas horiñas de radio en galego, desexando que sexa do voso interese. A primeira comunicación-entrevista é con dona SARA INES VEGA NÚÑEZ, Alcaldesa do Concello de Castro Caldelas (Ourense). Infórmanos, moi polo miúdo, da celebración da "Festa dos Fachós" nesa Vila galega que tanto aprezan a recuperación e mantemento do tradicional. Agradecémoslle a súa aportación neste noso programa e desexámoslles moitos éxitos.


A segunda conexión é con ANTÓN DE GUIZÁN, un poeta de Guitiriz, que nos pon ao corrente das actividades poéticas e culturais que están a levar a cabo nesa vila lucense. Destaca a realización do concurso de "Vilariñas" ás que se poden presentar todos os que o desexen, xa que o prazo remata no mes de abril próximo. Nas dúas páxinas que teñen abertas a tódolos públicos podedes atopar as bases e o enderezo para participar e disfrutar.


na segunda hora temos que disculpar a presencia do noso correspondente Xosé Manuel, encargado da sección Quen che Preguntou? que hoxe non pode estar con nosoutros. En pago da súa participación temos o pracer de conectar con Yoseba M.P., un "muralista", Profesor de Pintura. Unha persoa moi interesante e que está a ter moita repercusión mediática polo seu traballo tan interesante. Agradecémoslle a súa participación no noso programa de hoxe.


Falamos con JUAN PEDRO SÁNCHEZ, Presidente da Asociación de Bercianos en Cataluña (ASOBECAT), que nos adianta a celebración do "XV Festival de Botillo en Cataluña", para o vindeiro día 17 de febreiro. Farán a presentación e rolda de Prensa no Hotel Front Air de Sant Boi, esta mesma fin de semana. O prezo do menú será o mesmo de anos anteriores así como o lugar de celebración, o mencionado Hotel Front Air de Sant Boi. Seguiremos informando en vindeiras datas.


A ultima entrevista é con ROSA GONZÁLEZ, compoñente do Grupo Folk DONICELAS, de Salceda de Caselas, coa que mantemos unha conversa moi amena e chea de interesantes noticias relacionadas coa súa traxectoria e co traballo que están a realizar. Despois de agradecerlle a súa atención de hoxe, comprometémonos a voltar a contactar con elas para que nos sigan informando da súa traxectoria musical.


A vindeira semana máis. non deixedes de sintonizarnos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario