viernes, 9 de noviembre de 2018

08 de NOVEMBRO do 2018

Comezamos o programa escoitando unha peza de música, do  Grupo de música TIRULEQUE - do seu CD "Outro que tal baila" - para darlles a ben-vinda e deseguida conectar con Galicia para falar con "Chiña" - Concepción ARZA, de "Delicias do Souto", que nos recibe moi amablemente e fálanos das Tartas, Tortas, Bolachas e Bikas de Castañas que elaboran no seu establecemento, aló en Folgoso do Courel. Agradecémoslle a súa colaboración.


Despois de escoitar outra peciña musical, voltamos a conectar con Galicia, concretamente con don José Antonio García Martínez, Presidente da Asociación de Productores de Aceite e Aceituna de Galicia. Infórmanos das actividades que están a realizar para recuperar os olivos autóctonos da nosa terra, e da próxima Festa que celebrarán nunha Almazara o vindeiro sábado en Quiroga, para agasallar a certos colleiteiros e tamén ao primeiro dos colleiteiros de Aceite de Galicia. Desexámoslles moitos éxitos.


Continuamos informando da celebración da "20 Mostra de Danza del Baix Llobregat", prevista para o día 10 de novembro, a partir das 5:30 en Can Massallera, de Sant Boi, organizado pola Casa de Sevilla e na que participará a "Irmandade Galega de RUBI".


Falamos con KIKE de Navia, Henrique Fdez-Mon Sánchez, que ten preparadas algunhas noticias relacionadas con Navia de Suarna.



A seguinte son certas comunicacións e informacións variadas, relacionadas cos nosos oíntes e seguidores, que sen eles non estaríamos nós tan orgullosos de seguir en antena.


Continuamos, despois de disculpar ao noso correspondente Xosé Manuel, que hoxe non pode participar connosco e conectamos con don Xosé Lois Llamazares, responsable da Empresa "Galletas Mariñeiras DA VEIGA", en Chantada, co que mantemos unha conversa chea de información.


E despedimos o programa ate o vindeiro xoves, que agardamos volvan a sintonizarnos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario