Outro programiña máis con todos vosoutros. Comezamos dándolles a ben-vida e escoitando unha peza de música galega para poñernos en contacto con ROBERTO REGAL, grande Enólogo, Adegueiro e Empresario galego, concretamente de Chantada (Lugo), que nos fala da colleita deste ano 2018, de Enonatur, do viño de autor e dos proxectos que ten para degustar.
A seguinte intervención, é a conexión con XOAN CURIEL, cantautor galego que nos comenta o seu ultimo traballo "A casa do terror". Tamén falamos das diferentes actuacións e concertos que ten realizado esta tempada, así como a próxima, precisamente hoxe mesmo na "Casa das Crechas" en Santiago de Compostela esta mesma noite. Comentamos a súa faceta teatral e o traballo que está a preparar (un novo CD) que moi pronto nos presentará a tódolos seus seguidores. Agradecémoslle a súa participación.

Despois falamos coa nosa correspondente nos Ancares: Fernanda Follana Neira, que nos fala de Deporte en Lugo (ciclismo), do peche de dúas Casas Rurais moi interesantes na zona: A Casa de Curro e o Albergue dos Ancares. Ogallá se volvan a abrir para disfrute de todos. E acaba comentándonos o percorrido da "Via Romana XIX", que pasa pola montaña luguesa ata Lugo. Un percorrido moi recomendable e moi ben sinalizado.
Despedímonos ate o vindeiro xoves. Que teñan unha feliz semana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario