jueves, 5 de noviembre de 2020

XOVES 5 deNovembro do 2020

Porto de Cambados
Comezamos outro programa máis, empregando estas novas tecnoloxías que nos permiten falar cos nosos convidados e tamén ofrecerlles as novidades que nos chegan á Redacción. A primeira comunicación é con Xosé Luís Souto, da Empresa galega "PORTODECAMBADOS", que nos fala dese producto "estrela" e de primeira calidade único e especial da Ría de Arousa: As Vieiras. Agradecémoslle a súa amable atención e a oferta que nos fixo para compartir cos nosos oíntes e seguidores para celebrar o "40 Aniversario de Radio Sant Boi". En vindieras emisións facilitarémoslles o mçetodo para poder participar no sorteo que faremos para poder acceder ao agasallo que nos enviará Xosé Luís. ¡Moitísimas grazas!

A seguinte conversa-entrevista é con dona MERCHI ALVAREZ, Presidenta de GALICIAME, que nos informa das novidades e pormenores sobre as investigacións sobre a AME e tamén a intervención que se fixo hai uns días a un dos socios, que ademais celebramos que se lle aplicara concretamente a un familiar do noso compañeiro Armando. Parabens por ter conseguido esa medicación e moitos ánimos para seguir traballando nese grande proxecto e acadar moitos máis éxitos. ¡Nhoraboa! Seguiremos conectando con Merchi en vindeiras datas a medida que vaian conseguindo máis cousas.

Seguimos a nosa emisión conectando coa capital da Ribeira Sacra -Monforte de Lemos-, para falar co noso correspondente Xosé Manuel F. Montes, encargado  da sección "Quen che Preguntou?", que sempre ten preparados os seus "Me Ghustan e non Me Ghustan" a modo de noticias salientables. Despois de comentar o cumplimento do RETO semanal, xa que falamos con Olga Novo, proponnos o seguinte para a vindeira semana, recollendo un meu comentario : Falar con Cristina Pato. Tentaremos conseguilo. E finaliza a súa intervención coas "caralladas", nesta ocasión máis ben anécdotas-chistes con certa retranca.

Finalizamos o programa conectando novamente con Galicia para falar con dona BEATRIZ VILA FREIRE, responsable de Turismo e Hostalaría da zona Sur de Lugo, que nos fala das inquedanzas e preocupación que existen neste sector por mor do peche de Bares, Restaurantes e Hoteis... Ogallá que non sexa por moito tempo e que pronto poidamos disfrutar, novamente das ofertas turísticas que podemos atopar naquelas contornas da Ribeira Sacra. 

Despedímonos de tódolos nosos oíntes e seguidores desexando que teñan unha feliz semana e que volvan a sintonizarnos o vindeiro xoves á mesma hora. ¡Cúidense moito!

No hay comentarios:

Publicar un comentario