jueves, 15 de abril de 2021

XOVES 15 de ABRIL do 2021

Outro programiña de dúas horas en galego, para todos vosoutros. Comezamos conectando co grande músico, compositor, cantautor e inxeñeiro de só XABIER VIZCAINO. Recíbenos dende o seu centro de traballo "Palleira Estudios" na localidade do Incio, na parroquia de Goó. Fálanos do seu ultimo traballo publicado: "Neno do Monte", que por estarmos fora dos nososo estudios non podemos ofrecérvolo, pero prometeunos que nos enviaría algún exemplar e seguro que o disfrutaremos con todos vosoutros. Falamos das poucas actuacións que puido facer para a presentación en concertos deste seu traballo e das previsións que ten para que en futuras datas poidamos escoitalo en directo. Agradecémoslle a súa colaboración.

A segunda intervención-entrevista é con dona ISABEL RIBAS

, unha muiñeira propietaria do muiño do seu nome, que data do século XVIII. Coméntanos algunhas cousas relacionadas co seu traballo, da moenda, das fariñas galegas con Denominación exclusiva, do traballiño que representa moer cun muiño que aproveita a auga do río Anllo, en Cospeito, que é onde se atopa esta xoia do noso patrimonio. Indícanos que teñen unha páxina web: "El Molino de Isabel". Ten unha "axudante" moi "feitiña", Patricia, que tamén está namorada do oficio e do Muiño. Agradecémoslle a súa amable atención e prometemos voltar a falar con ela para seguir aprendendo algo máis da nosa tradición.

Continuamos a segunda hora conectando novamente con Galicia para falarmos con Diego Langarika, guitarrista e compoñente do Grupo de Música Tradicional "Ghaveta" que nos fala do CD que publicaron o ano pasado concretamente e que leva por título: "A raíz do pensamento". poñémonos ao tanto desa creación musical. Agrtadecémoslle a conversa que mantivemos e desexamos que teñan moitos éxitos.

A última intervención-entrevista é con Branka Villar, unha poeta galega con moita proxección creativa. Pertencente ao colectivo "Nova Poesía Guitirica", Mora na Terra Chá. Fálanos dun seu libro publicado e que leva por título "A saudade da alma",  e agasallános coa lectura de dous poemas da súa autoría. ¡Moitas grazas Branka! O tempo que nos dedicaches foi cortiño, pero prometémonos voltar a estar contigo en vindeiras datasa, para podermos saber algo máis da túa traxectoria creativa, das publicacións, dos Recitais poéticos no que tes participado... e de moitas cousas máis, que nos quedaron no tinteiro porque o tempo na radio faise curto. ¡Moitas grazas pola túa participación! e moitos éxitos da túa creación!!!

E dinalizamos desexando que pasen unha feliz semana e que volvan a sintonizarnos o próximo xoves á mesma hora, de 16 a 18h. Agardamos porder compartir con todos vosoutros as nosas inquedanzas.

Aquí podedes escoitar o programa completo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario