Inma López Silva |
Unha nova emisión do "Galegos no BAIX" comezando saudándovos e ofrecéndolles un bocadiño de música para conectar coa primeira convidada de hoxe, dona INMA LÓPEZ SILVA, Profesora, escritora, investigadora e crítica de teatro. Felicitámola por ser elexida como Profesora para a "Escola de Letras", organizada pola Deputación de Pontevedra xuntamente coa Editorial Galaxia. Fálanos do obradoiro, de Narrativa que terá cos alumnos inscritos, cuxo cupo xa está esgotado, da súa traxectoria como escritora... A súa conversa é unha lección de aprendizaxe para nosoutros e unha primicia para tódolos nosos oíntes e seguidores. Agradecémoslle a súa amable atención.
Continuamos o programa e conectamos co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección "Quen che Preguntou? que nos fai a súa crónica semanal cos "Deghústanme" e "Ghústanme" correspondentes. Nesta ocasión tamén nos envía a súa "viñeta" alusiva a un tema que tratamos na audición. ¡Moitas grazas Xosé Manuel!
Sara Inés - Castro Caldelas |
Comezamos a segunda hora conectando con dona Sara Inés Vega Núñez, Ilma. Alcaldesa do Concello de Castro Caldelas. Felicitámola pola celebración dos FACHÓS deste ano, con reservas e coas medidas de prudencia recomendadas polas autoridades sanitarias. Unha festa de San Sebastián que data de 271 anos de existencia e que non se puido celebrar completa, como en anos anteriores, xunto coa xoranda gastronómica que a acompaña, pero ese fogo purificador paseóu un fachón de nada menos que 35 metros polas rúas de Castro Caldelas. Desexámoslle que sigan acadando moitos éxitos.
Vacas Jersey en pastoreo |
O vindeiro xoves, se podemos, moito máis. Que teñan unha feliz semana! Aquí deixamos o programa enteiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario