jueves, 22 de junio de 2023

XOVES, 22 de XUÑO do 2023

Unha semaniña máis con todos vosoutros, tentando levar adiante este programiña de dúas horas en galego. Comezamos coa nosa sintonía, escoitamos un bocadiño de música e a continuación conectamos con Galicia para falar con PEPE FORMOSO, do Hotel Literario "Bela Fisterra". Unha conversa que encetamos felicitando a Pepe polas moitas actividades e éxito que está acadando ultimamente. Exposicións e charlas no Hotel, Celebración do 11 Aniversario do Albergue "Bela Muxía", Presentación do libro de Modesto Fraga sobre a obra de Ramón Marcote, da presencia e participación de Suso de Toro no seu Hotel, Recibe o Certificado de "Hotel Xusto e laboralmente Responsable"... ... unha conversa moi amena e chea de informacións. Desexamos que siga colleitando moitos éxitos.

A continuación falamos con don MARIO GARCÍA GÓMEZ, Diputado no Parlament de Catalunya. Licenciado en Filosofía e Ciencia da Educación pola Universidade de BCN. Graduado en Ciencias Políticas e da Administración pola UNED,  Máster en Comunicación e liderazgo político pola Universidade de BCN... ... Agradecémoslle a súa participación de hoxe e dámoslle os nosos parabens por ser elixido "Xuíz Honorario do Couto Mixto". Entregaráselle este cometido o vindeiro día un de xullo, xunto con outras dúas personalidades de relevancia, como son Fernando Venancio (autor do libro "Assim Nasceu uma lingua", elexido pola trascendencia do seu estudo na reivindicación da lingua galega como eixo fundamental do idioma portugués)  e dona Angeles Huerta González (Directora de Cine, doutora en literatura comparada, elexida pola súa película "O Corpo Aberto", que recrea unha trama ambientada na fronteira galego-portuguesa, nos pobos de Tourem e Pitoes).
 

Despois conectamos co noso amigo e colaborador HENRIQUE FDEZ-MON SÁNCHEZ, que dende Vigo nos aporta algunhas novidades interesates, relacionadas coa cultura e algunha que outra presentación de libros, como de Santiago Ferragud, en Redondela, que leva por título "Todo Chega desde o mar". Tamén nos fala do Concerto ao que asistiu, de Paco Ibáñez, que foi presentado e acompañado polo noso admirado poeta Antonio García Teijeiro. Moitas actividades culturais e cheas de engado.
 

Finalmente conectamos novamente con Galicia para achegarnos a Santa Marta de Ortigueira, para falar con FANI PÉREZ YÁÑEZ, Vicepresidenta da "Escola de Gaitas de Ortigueira". Conversamos con ela e aproveitamos para coñecer un bocadiño máis desa grande Escola de Gaitas, que admiramos e que estivo precismante na nosa "Festa Galega de Can Mercader" o pasado fin de semana. Fálanos algo dos seus inicios das moitasa actuacións e concertos nos que participaron, do "Festival Internacional do Mundo Celta, en Sant Marta de Ortigueira"... Premios recibidos... Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslles que teñan moito éxito no Festival deste ano e moita sorte.

Despedímonos ate o vindeiro xoves. Deixamos aquí o programa completo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario