jueves, 29 de junio de 2023

XOVES 29 de XUÑO do 2023

Comezamos este último programa da tempada 2022-2023, coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións oportunas escoitamos unha peza musical para recibir ao primeiro convidado, EULOXIO FERNÁNDEZ, dramaturgo e director cineasta, a quen recibimos dándolle as nosas felicitacións por ter acadado o 1º Premio do Certame Literario de Relato Curto da Irmandade Galega de Rubí. Sabemos un pouco máis da súa traxectoria escrita e creativa. Tamén nos conta unha pequena anécdota doutro premio en Madrid. Desexámoslle moitos éxitos.

A segunda intervención é a do PABLO GONZÁLEZ, da ADEGA EDV 2015.SLU que ven de recibir unha serie de Premios en sendos Certames e Concursos de viño moi importantes. Concretamente nada menos que sete Premios para os seus viños godello e mencía.  Poden visitar a súa páxina web  https://bodegaedv.com/, para ampliar esta información e tamén para poder comprobar os Premios que recibiron en sendos Concursos aos que ten asistido. Desexamos que sigan colleitando moitos máis éxitos.

Continuamos a nosa emisión conectando co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Xosé Manuel F. Montes, que nos aporta a súa crónica-sección QUEN CHE PREGUNTOU? cos "Desghústalle" e "Ghústalle". Son informacións acompañadas de certa aportación retranqueira. Desexámoslle que teña unha vacación de verán moi feiticeiras e mándanos a súa viñeta que fan referencia a unha das noticias e comentarios tratados no programa de hoxe.

A última intervención no programa é con IRENE SILVA XIRÁLDEZ, pintora galega que se define como aldeana, que recrea e aporta unha visión moi especial da muller galega nas súas pinturas. Fálanos dunha súa escultura que escolleu a Deputación de Pontevedra para Premios  "Hai unha voz". Parabenizámola e desexamos que siga colleitando moitos éxitos.

Despedímonos ate o vindeiro mes de setembro. Deixamos aquí o programa completo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario