jueves, 15 de febrero de 2024

XOVES 15 de FEBREIRO Do 2024

Oli Xiráldez
Outro xoves máis con todos vosoutros, para ofrecerlles dúas horas de Radio en Galego. Hoxe con visita incluída, en directo e en primicia para tódolos nosos oíntes e seguidores. Despois da nosa sintonía, as salutacións e ben-vinda, ofrecémoslles escoitar a Alborada de Rosalía interpretada por Oli Xiráldez e Chuco Estévez, para recibir precisamente a OLI XIRÁLDEZ, Luthier de Gaitas e Frautas Galegas. Felicitámolo porque está elixido para representar a Galicia nunha exposición de artesáns de instrumentos musicais en Coimbra (Portugal). Aproveitamos para falar do seu taller, dos instrumentos que fabrica, da súa implicación e participación na Asociación de Gaiteiros de Galicia, como Vicepresidente. Convídanos a que participemos no grande evento que esa Asociación realiza cada ano en Guitiriz. Tamén temos tempo para falar da colaboración, dende fai trece anos, que teñen coa "Casa de Rosalía" en Padrón. Unha honra telo na nosa emisión. Desexamos que teña moita sorte e moitos éxitos.

Manuel Suárez
A continuación poñémonos en contacto con MANUEL SUÁREZ SUÁREZ, doutor en Dereito e Ciencias Sociais, que foi Secretario do Patronato da Cultura Galega en Uruguay. Cóntanos ese suceso que lle aconteceu cando tiña cinco anos en Baio. Estaba xogando cun amigo e compañeiro nun lugariño perto do monte, cando foi atacado por unha loba que o feriu gravemente, e que foi rescatado polo seu padrin, aínda que con algo de inquedanza, porque a loba tratara de escondelo entre unhas pedras. Despois das vicisitudes que sofriu, porque tivo que ser trasladado a Santiago de Compostela para curalo e facerlle unha transfusión de sangue, a súa inquedanza estaba nos aconteceres posteriores, xa que a xente quería interesarse pola circunstanciaa acontecida e incomodábase e case se agobiaba con tanta pregunta. Falamos tamén da súa estancia en Uruguay e da súa experiencia e relación con grandes persoeiros da nosa Cultura Galega en Montevideo. Deixamos para outra ocasión a súa faceta como representante en Galicia da Fundación "Carlos Gardel" e da Academia Nacional do Tango en Uruguay. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe.

Falamos agora coa escritora e poeta FINA TIZÓN FRAGA, que nos ven a presentar o seu último libro de relatos: "CÍRCULO DE VIDAS". Coméntanos cómo foi o traballo de confección e creación dese libro de relatos escrito en castelán e galego. Agasállanos coa lectura dun deles, en galego. O libro está accesible para todo o público que desexa adquirilo poñéndose en contacto con ela polo messenger ou na súa propia páxina. Aínda non tivo tempo para presentalo públicamente, por eso lle agradecemos a súa presentación nesta nosa humilde emisión radiofónica. Desexamos que teña moito éxito.

Pablo Deiros
Escoitamos a peza titulada: "Dime que volverás" que está interpretada por PABLO DEIROS DÍAZ, un rapaz de Becerreá, que está estudiando Administración de Empresas e que compaxina os estudos con traballos de DJ en discotecas de Lugo e outras cidades, como Vigo, Madrid e outras. Ten feito algúns concertos en diversos locais, e pódese dicir que é un autodidacta casi completo, xa que ademais de compoñer e cantar tamén toca o piano, a guitarra e a batería... Agradecémoslle a súa participación de hoxe no programa e desexámoslle que teña moito éxito na súa andaina musical, e despedímolo coa súa propia canción.

Despedímonos ate o vindeiro xoves e deixamos aquí o programa enteiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario