jueves, 1 de febrero de 2024

XOVES 1 de FEBREIRO Do 2024

Un xoves máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía e as salutacións para despois ofrecedrlles unha primicia musical que nos envióu "Bieitiño Romero": "Beo-Canto Raibas", que nos sirve para recibir a primeira convidada de hoxe: dona BEGOÑA BLANCO BLANCO, Concelleira de Educación, Cultura, Turismo e Política Lingüística do Excmo.Concello de Lalín. Agradecémoslle a súa amable atención e felicitámola pola celebración da "LVI Feira do Cocido de Lalín". Fainos unha pequena descrición das moitas actividades e eventos que se realizan neste evento tan importante que está declarado de Interese Turístico Internacional. Desexámoslle que teñan moitos éxitos.

A segunda intervención é a de dona HORTENSIA BAUTISTA FERNÁNDEZ, de "Chambo-Libris", que nos fala desa Ascicación Cultural sin ánimo de lucro, que ven realizando un labor moi interesante relacionado cos libros e a súa utilización. Teñen un blog onde especifican as actuacións e actividades que veñen realizando, entre as que destacan a presentación delibros, a entrega dos mesmos a outras bibliotecas e persoas con dificultades, os Recitais Poético-Musicais... etcetera. Seguiremos en contacto.

Escoitamos outro bocadiño de música e conectamos co noso correspondente comunicador e viaxeiro incansable, XOAN ARCO DA VELLA, que comenta con nosoutros algúns aspectos das súas publicacións fotográficas do noso patrimonio popular, nesta ocasión moi relacionadas cos cruceiros, cos petos das ánimas, cos muiños do Folón e do Picón, cos fornos comunais... ... unha verdadeira fonte de coñecementos tradicionais e populares moi interesantes.

Continuamos o programa e falamos agora con CARLOTA IGLESIAS, Sumelier do Restaurante "Cabanas" en Lalín, que ven de recibir o Premio Juli Soler ao Talento e Futuro do viño, promovido pola Spanish Wine Academy de Ramón Bilbao.  Felicitámola e dámoslle os nosos parabens por acadar tan prestixioso galardón. Fálanos da súa traxectoria vocacional e persoal, da súa dedicación e traballo nese Restaurante que ela define como familiar, pero cheo de prestixio e de grande sona na contorna. Ofrecen uns menús moi variados con moita calidade e grande diversidade. Augurámoslle moita sorte e moitos éxitos. Voltaremos a conectar con ela cando pase esta tempada do Cocido, que tanta demanda está a ter. Agradecémoslle a súa participación.

E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora.

Deixamos aquí o programa enteiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario