jueves, 25 de enero de 2024

XOVES 25 de XANEIRO do 2024

Un programa máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía de cada semana e despois das salutacións escoitamos unha peza do ultimo CD de LELÍA, para recibir á poeta TERESA RIOS, de Ponteareas, que nos falará do seu último libro de poemas: "Corpo Nomade", que foi Accésit do Certame de Poesía Erótica "ILLAS SISARGAS". Aproveitamos para felicitala e coméntanos algo da súa producción literaria e da súa creatividade poética. Agradecémoslle a súa atención e agasállanos coa lectura dun fermoso poema seu. Desexamos que siga tendo moitos éxitos.

A seguinte intervención é a de BIEITO ROMERO, do Grupo LUAR na LUBRE, que virá a Barcelona a presentar o seu último CD, que leva por título ENCRUCILLADA XX. Teremos a sorte de disfrutar da súa actuación no Festival Musical de Barnasants o día 16 de febreiro próximo. Mañá mesmo farán un grande concerto no Teatro Capitol da Coruña, ao que asistirán unha boa presa de artistas que os acompañarán na actuación. Precisamente falounos do Libro-CD que veñen a presentar, seguindo a Xira que están a realizar, que conten 16 cancións. O libro ten unha serie de fotografías moi interesantes así como escritos de moitos amigos e personaxes importantes da nosa música galega. Desexamoslles moita sorte e moitos éxitos.

Continuamos a segunda hora dándolle paso ao noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, XOSE MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? que nos ilustra coas súas noticias escollidas en forma de Me Ghustan e Disghústanme. E finaliza cos seus apuntes de fraseoloxía e ditos galegos, recollidos na súa "libretiña pequena". Tamén nos envía a viñeta alusiva ao programa que compartimos, no parágrafo anterior. Un debuxo de Bieito Romero. ¡¡GRAZAS!!

Despois de escoitar unha peza do ARDENTÍA-Música Galega, conectamos con LUÍS PREGO, un dos compoñentes deste emblemático Grupo de música Galega, que nos fala da exitosa fórmula que acaban de compartir con todo o público, consistente e subir ás plataformas de Internet (Spotify, Youtube... etcétera), tódolos seus discos publicados ata o momento. Felicitámolo e dámoslle as grazas por ese agasallo que poderemos disfrutar todos.
 

E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. Que sexan felices.

Deixamos aquí o programa completo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario