jueves, 18 de enero de 2024

XOVES 18 de XANEIRO do 2024

Un xoves máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía de sempre, as salutacións oportunas e despois de escoitar un bocadiño de música, conectamos con SARA RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Licenciada e Traductora autora do "Diccionario galego do Bierzo", que xa vai pola súa segunda edición. A entrevista decorre con moita e agradable comunicación. Fainos un pequeno percorrido da súa traxectoria e traballo de investigación para poder editar ese Diccionario, que tivo como mentor a Henrique Costas, da Universidade de Vigo e outros profesores que arrouparon ese traballo engaiolante. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle que teña moitos éxitos.

A segunda intervención é a de SERGIO FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, un socio da Asociación Val de Torés, constructor e dono da Vivenda Rural: Casa Eladio. Fálanos do Patrimonio Cultural daquela zona, da Torre de Torés, da Torre de Doncos, do Pazo de Doncos... ...etc. A Asociación á que pertence está moi involucrada e poder restaurar e recuperar ese patrimonio tan importante para esa zona rural tan rica e patrimonio cultural. Precisan os permisos para poder realizar eses traballos de restauración. Agradecémoslle a súa amable atención e desexamos que teñan moita sorte.

Falamos agora co Presidente da Asociación de Bercianos en Catalunya (ASOBECAT) JUAN PEDRO SÁNCHEZ, que nos fala da próxima Rolda de Prensa que se realizará no Hotel Front Air Congress de Sant Boi o vindeiro día 27 de xaneiro ás 18h, para dar a coñecer a celebración do "XX Festival del Botillo en Catalunya" previsto para o mes de febreiro, no que se entregarán os galardóns oportunos aos Bercianos do ano e ao Concello berciano elexido este ano. Desexámoslle moitos éxitos.

Continuamos e poñémonos en contacto con ROSANA PRIETO, guia cultural e responsable do BNG na zona sur de Lugo, que nos fala la próxima celebración da Concentración simultánea que se realizará na Estación de Sants de Barcelona e na Estación de ferrocarril en Monforte de Lemos, o vindeiro día 27 ás 12h da mañá, para reivindicar a reposición e posta en marcha do Tren Nocturno que facía o traxecto Barcelona-Galicia e viceversa. Ogallá que sexa todo un éxito esta concentración.

Recibimos a visita, nos estudios do Vicepresidente da Asociación de Bercianos en Catalunya (ASOBECAT) ALFONSO MIGUEL MARTIN, xunto con Pepe o peluqueiro do Bierzo, que nos visitan para dar a coñecer e completar a información xa anunciada por Juan Pedro, da celebración da "Rolda de Prensa" prevista para o día 27 ás 18h no Hotel Front Air Congress de Sant Boi, para informar do "XX Festival del Botillo en Catalunya", previsto para o día 18 de febreiro próximo. Tamén nos comunican a entrega dos galardóns ao adegueiro JAVIER ÁLVAREZ, da adega Almazcara-Majara, a Juan Pablo Gándara de Toreno, escritor e ao Concello de Corullón. Desexamos que teñan un grande éxito.

Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. Deixamos aquí o programa completo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario