
Outra semaniña máis con todos vosoutros, tentando ofrecerlles estas dúas horas de Radio en Galego. Escoitamos a nosa sintonía, saudamos e escoitamos unha peciña de música para poñernos en contacto con
ELIGIO SUEVOS OTERO, do
Centro Galego de Lleida, que nos pon ao corriente da celebración da súa "Semana Cultural" de cada ano. Comezaron o mesmo luns pasado coa exposición de Traballos manuais, o martes dedicado aos cativos con debuxos e xogos de mesa acabando coa degustación dunha chocolatada para tódolos asistentes, o mércores a Conferencia a cargo de don Xosé Manuel García Catalán, Comisario do Corpo Nacional de Policía de Lleida, este xoves terán unha mostra culinaria que aportarán os socios e simpatizantes, mañá venres presentación do número 38 da revista "Xurdimento", que recolle tódolas actividades realizadas durante o ano 2024 e que contén moitos artigos interesantes, e finalizará a Semana Cultural coa Asemblea Xeral Ordinaria da Entidade cun xantar de convivio. Desexamos que teñan moito éxito.

A seguinte intervención é a do Presidente da
Escola de Gaitas e Danzas Toxos e Xestas de BCN, don
ALVARO VOCES, con quen mantemos unha conversa-entrevista moi amena e na que nos comunica a celebración, o día 8 de febreiro, do
"II ENCONTRO DO DÍA INTERNACIONAL DA GAITA". Este segundo ano é unha afirmación e continuidade que comezaron o ano pasado, pero con convidados especiais, e moi concretamente Internacionais, tal e como anuncian no seu cataz. A verdade é que están a traballar moi concienzudamente para poer amosar a nosa cultura popular e moi concretamente a musical, relacionada coa gaita moi concretamente. O acto máis salientable será o concerto que realizará a gaitera
SUSANA SEIVANE, para finalizar o evento. Tamén nos aidanta que están convidados a participar no grande desfile da "Festa de San Patricio" en Madrid. Desexamos que teñan moito éxito.
Escoitamos outra peza de música e poñémonos en contacto con
CATUXA SALOM, unha cantautora galego-arxentina que nos presenta un traballo en primicia para tódolos nosos oíntes, galegos do Mediterraneo, que leva por título "
As nosas raons", interpretado xuntamente coa cantante catalana
Joana Dark, e que fusiona folklore catalán e galego e música electrónica. Parabenizámola e mantemos con ela unha pequena conversa-entrevista na que nos dá a coñecer un bocadiño do seu traballo musical, a publicación do CD "Caldo" que está proposto e seleccionado para os
"Premios MIN 2025". Animamos aos nosos escoitantes e seguidores que se metan na páxina e voten esta opción para ser premiada. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe, e desexamos que teña moito éxito.
.Despois dun pouquiño de música, novamente, ofrecémoslle a lectura do poema "Miña casiña, meu lar" para celebrar, con todos vosoutros, o "Día de Rosalía", con ese CALDO DE GRORIA, que tan ben describía a nosa autora, e co que se festexou ese 23 de febreiro pasado en moitos establecemetnos galegos.
Conectamos novamente con Galicia para darlle paso ao noso correspondente, XOSÉ MANUEL F. MONTES, na capital da Ribeira Sacra (Monforte de Lemos). Encargado do QUEN CHE PREGUNTOU? Que ten subdivido en tres apartados moi interesantes, precedidos sempre dunha música moi axeitada, e finalizando coa colaboración dunha persoa escollida por el mesmo, aportando a súa proposta persoal relacionada coa última sección: A Sabedoría Popular. Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora.
Deixamos aquí o Programa Completo-Enteiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario