jueves, 9 de octubre de 2014

9 de OUTONO do 2014

Unha nova emisión deste noso programa en galego, para tódolos nosos oíntes e seguidores. Comezamos conectando con Galicia, concretamente coa Ribeira Sacra, para falarmos con CESAR ENRIQUEZ, dono das Adegas CACHIN, na Abeleda. Despois de felicitalo polo éxito acadado últimamente: Foi o viño que escolleu OBAMA, para degustar cos congresistas nunha recente celebración, mantemos unha pequena conversa-entrevista na que intercambiamos informacións e comentarios diversos.

Despois falamos con XOSE MANUEL GARCÍA CREGO, Presidente do Coro Tradicional CANTARES DO BRIÓN, que veñen de publicar un CD moi engaiolante, titulado ARRUÍDOS. Aténdenos moi amablemente e conversamos sobre o traballo que levan adiante e da súa traxectoria. Agradecémosllo e prometémonos volver a conectar con eles para que nos vaian dando noticias súas.

Na segunda hora retomamos a "rutina" habitual de cada semana, tal e como viñamos facendo na tempada anterior, e comunicámonos co noso correspondente XOSÉ M.F.MONTES, que nos pon ao corrente das noticias que escolle para todos nosoutros, na súa sección: QUEN CHE PREGUNTOU?


E para o final deixamos a conversa con don MIGUEL ANXO VISO, Presidente do Consello Regulador do RIBEIRO, con quen departimos un chisco falando do Ribeiro e das moitas e interesantes novidades que sempre teñen. Foi curta a entevista e por iso comprometémonos a voltar a incomodalo para que nos fale da próxima-recente visita que farán a Cataluña para amosar os viños do Ribeiro a tódolos que se queiran achegar á mostra.


A vindeira semana máis. ¡Agardámosvos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario