jueves, 2 de octubre de 2014

Outro xoves máis, emitindo en galego

02 de outono do 2014

Esta semana puxémonos en contacto cunha serie de persoas relacionadas cos nosos instrumentos galegos máis tradicionais e tivémola sorte de contactar con FERNANDO MOSQUERA, gaiteiro de Toledo, fundador da primeira Banda de Gaitas de Castela-La Mancha, que nos sorprendeu cunha chea de noticias moi interesantes e amosounos o moitísimo traballo que leva facendo en prol da música galega en xeral. Tamén nos falou da súa traxectoria musical e docente, así como da próxima publicación dun CD no que contará cunha ducia de colaboradores de moito renome ademais da Mosquera Celtic Band. Agradecémoslle a súa amable atención e comprometémonos voltar a contactar con el en vindeiras datas e falarmos da presentación dese seu traballo, desexándolle que colleite moitos éxitos.


Aproveitamos o contacto de ANTONIO LOMBARDÍA, responsable de relacións da Asociación Cultural Galega ROSALÍA DE CASTRO, de Cornellà, para que nos de cumplida información das Actividades que veñen desenvolvendo ao comezo desta nova tempada así como dos Actos que teñen previsto para este trimestre.


Chamamos a Galicia para falarmos con SITO CARRACEDO, que rexenta o OBRADOIRO do mesmo nome, adicado precisamente á Gaita Galega e outros instrumentos tradicionais. As súas informacións son leccións de mestre para todos nosoutros. Fálanos dos seus traballos de invención (Termohigrómetro, Hidrotapón) así como tamén da recuperación dunha gaita alemana (Smail Pipe), da Dudel Sac... etcétera. Tamén nos comenta, un pouco por enriba a súa publicación tan importante como é o libro "Palleta Maldita", que calquera gaiteiro que se precie debería ter ou alomenos consultar. Agradecémoslle a súa colaboración e aportación a este noso programa e despedimonos ata outro momentiño en que tentaremos roubarlle un bocadiño maís do seu tempo para que nos informe das novidades e traballos que a bon seguro estará investigando xa neles.


Para rematarmos conectamos con Guitiriz, para falarmos con XOAN XOSÉ, que dirixe a Panadería LA ESQUINA, para que nos fale dos productos que elaboran, pero moi concretamente da TORTA DE MILLO, xa que son os especialistas dese bocado exquisito da repostería daquela zona. Tamén nos pon ao corrente das posibilidades que teñen tódolos nosos oíntes e seguidores, xa que desde a súa páxina web calquera pode ser cliente e demandar os produtos que elaboran na súa panadería. Son poucos minutiños de conversa pero chegounos para coñecer un chisco máis polo miúdo este doce-postre emblemático do pobo de Guitiriz (Lugo), e os diversos produtos que poden adquirir na Panadería do Xoan Xosé. Agradecémoslle a súa atención e despedímonos del e de tódolos nosos oíntes e seguidores ate o vindeiro xoves.


¡Graciñas por estardes ahí!

No hay comentarios:

Publicar un comentario