jueves, 30 de octubre de 2014

30 de OUTUBRO do 2014

O último programa deste mes. En primeiro lugar conectamos con VICTOR VÁZQUEZ, que a partir agora será o noso correspondente galego encargado do deporte en Galicia. Tentaremos facer unha boa cobertura relacionada co deporte, pero tamén nos gustaría recibir as suxerencias e propostas de tódolos nosos oíntes e seguidores. A vindeira semana falaremos desto un pouco máis detidamente para podermos acadar os obxetivos que nos propoñamos.


A segunda entrevista-conversa é co poeta e amigo-seguidor SUSO DÍAZ, que nos axuda a facer un percorrido polas súas inquedanzas, que tamén son as nosas. Sempre que o chamamos énchenos de información e novidades moi interesantes.


Na segunda hora comezamos coa conexión habitual de QUEN CHE PREGUNTOU?, a cargo do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, XOSÉ M.F.MONTES, que sempre ten unha chea de novidades e informacións escollidas por el para darlle un chisco de animación e "retranca" ao noso programa, e co que disfrutamos departendo coa súa conversa.


Para finalizar detémonos a comentar  as novidades musicais chegadas á nosa Redacción e que nos informan da presentación do CD de DANIEL MINIMALIA: ARENAS DE LUNA e do CD de FIANDOLA: "VOLTA E MEDIA". A vindeira semana prometémonos tentar falar con algún deles para que nos falen algo máis polo miúdo destes seus traballos.


Agardámosvos a TOD@S o próximo xoves, xa no mes dos SANTOS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario