viernes, 12 de junio de 2020

XOVES 11 de XUÑO do 2020

Outro programiña máis "enlatado" que lles ofrecemos dende o confinamento, pero con ganas de que sexa unha aportación interesante para tódolos nosos oíntes e seguidores. A primeira comunicación é con XOAN CURIEL, un cantautor que moi amablemente nos atende e comentamos con el, non só a situación actual senón tamén parte da súa traxectoria como cantautor e outras facetas interesantes, precisamente aproveitamos as súas creacións musicais para escoitalo ao comezo e ao final desta pequena intervención-entrevista que nos concedeu. ¡Moitas grazas Xoan e Moitos éxitos!


A segunda conversa-entrevista é cunha grande amiga, á qeu xa tivemos en anteriores ocasións na nosa emisión: BEATRIZ VILA FREIREdelegada da Asociación Provincial de Hostelería e Turismo en Monforte de Lemos. Fainos partícipe da súa positividade con relación as propostas e posibilidades de posta en valor das oportunidades que ten a Ribeira Sacra para acadar unha boa estancia e disfrutar dunhas vacacións inesquecibles. Agradecémoslle a súa participación de hoxe no noso programa.


E para finalizar escollemos outra chamada máis a Galicia, para falar con EMILIO RUA, outro cantautor moi aprezado e que nos amosa a súa creatividade musical chea de engado, que poñemos precisamente ao comezo e ao final da entrevista. Fálanos de que uns días antes do estado de alarma, estivo actuando precisamente en Barcelona, e que se truncaron as espectativas de concertos e demais actuacións por culpa desta pandemia que nos afecta a todos. Desexamos que pronto academos a normalidade e poidamos voltar a xuntarnos e escoitarnos en directo. Que teñas moitos éxitos EMILIO e que pronto volvan os directos interpretativos para todos.


A vindeira semana prometémoslles moitas máis novidades, máis música, entrevistas e desexos de aprender e disfrutar con todos vostedes. ¡Sexan felices!

No hay comentarios:

Publicar un comentario