jueves, 4 de junio de 2020

Xoves 4 de XUÑO do 2020



Seguimos coa nosa emisión de "Galegos no BAIX-Confinados" pero confiados, porque estamos seguros que sodes moitos os nosos oíntes e seguidores e desexamos que todos esteades ben. Comezamos a nosa primeira grabación chamando a os compoñentes (Laura Santos, Jairo e o Presidente don Xosé Canosa) da Asociación Cultural Galega "Airiños da nosa Galicia" en Santa Coloma de Gramanet, que nos reciben moi amablemente e aproveitamos para felicitalos polo seu aniversario: ¡Moitos parabens! Mantemos unha conversa moi agradable e infórmannos das moitas actividades e accións que estiveron levando a cabo para celebrar o seu Aniversario, a pesar das dificultades, pero que ademais seguirán traballando e aportando o seu grauciño de area para o benestar da sociedade da súa cidade onde residen. Agradecémoslle a súa intervención neste noso programa de hoxe.


Despois de escoitar un bocadiño de música trasladámonos a Galicia, concretamente a Ourense, para entrevistar e falar co noso amigo MANOEL CARRETE, que ten unha morea de cousas que contarnos, e seguro que tódolos nosos oíntes e seguidores apreciarán.



A seguinte intervención-chamada é cunha das persoas á que lle temos que agradecer moi encarecidamente a súa participación no noso programa:
GUIDO ALVAREZ, Guía Oficial da Provincia de Lugo. Falamos con el e entrevistámolo para que nos explique algunha das súas propostas "renovadas" e actualizadas que teñen moito que ver coa nova situación e realidade que se presenta a partir dagora. Desexámoslle moitos éxitos.





A ultima chamada é co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, dende Monforte de Lemos, Xosé Manuel F.Montes, para que nos encha de contido a súa sección QUEN CHE PREGUNTOU? Ademais recibimos unha viñeta que publicou no xornal de "Galicia

Confidencial", pero que ven moi a xeito pola coincidencia dalgunha das novidades que comentamos na emisión de hoxe. ¡Moitas Grazas! 


E finalizamos desexándolles que teñan unha feliz semana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario