jueves, 18 de junio de 2020

XOVES 18 do mes de SAN XOAN do 2020

Un programiña máis, coa proposta gravada mediante as novas tecnoloxías, primeiro fixemos cunha videoconferencia cos colaboradores e participantes, e despois introducimos algunha que outra peciña musical e enlazamos todo o contido para disfrute dos nosos oíntes e seguidores.
A primeira intervención deste programa de hoxe é a do noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela, que nos presenta ao seu convidado especial, dona MARICARMEN YAÑEZ, Alcaldesa  do Concello de Lobios, coa que mantemos unha conversa-entrevista moi entretida, con informacións e novidades interesantes que se porán en marcha nese Concello. Agradecémoslles a súa participación.

Despois de escoitar un bocadiño de música poñémonos en contacto con ALEJANDRA PLAZA, que descubrimos no facebook pola proposta tan interesante de facer unha SARDIÑADA Internacional, promovida pola EMBAIXADA.gal. Comentamos con ela este evento e algunhas cousiñas máis. Agradecémoslle as informacións que nos deu e desexámoslles moitos éxitos.

Outro bocadiño de música, concretamente da propia cantautora que entrevistamos: M.J. Pérez, que nos recibe moi amablemente e fálanos da súa traxectoria musical e do recente traballo publicado, así como dos proxectos para o futuro e finalizamos coa peza musical: A luz prendida, do seu ultimo CD que todos podedes escoitar tamén en youtube, cun videoclip que acaba de facerse público: ¡Moitas grazas M.J.Pérez!

Finalizamos este programa de hoxe desexando que pasen unha feliz semana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario