jueves, 23 de noviembre de 2023

XOVES 23 de NOVEMBRO do 2023

Outro xoves máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía e salutacións de sempre. Escoitamos un bocadiño de música e recibimos á primeira convidada de hoxe, que é "Meryfos_" (en Instagram), creadora dun personaxe moi interesante "Virtudes" que fala en "castejano" moi retranqueiro e que ten un seguimento moi importante nas redes. Pedíronnos esoutro día que nos puxéramos en contacto con ela, que ten moitos seguidores e moi concretamente en Miami (EE.UU). Pois tivemos a sorte de que nos recibira e, despois de conversar con ela un ratiño, agasallounos cunha pequeniña intervención da súa "Virtudes" falando para tódolos nosos oíntes e seguidores. Agradecémoslle a súa amable atención e desexamos que siga acadando moitos éxitos. Tamén a convidamos a participar na revista "Lúa Nova" da nosa Asociación C.G.Rosalía de Castro de Cornellà.

Continuamos a emisión e conectamos novamente con Galicia, para recibir a "Toniño" compoñente de TREIXADURA. Parabenizámolo pola homenaxe que lle tributaron a Mingos, un dos compoñentes do Grupo, falecido hai un tempo, pero achegáronse a Barcia de Mera para acompañar á súa familia e a outras personalidades que se achegaron a aquela localidade, onde ademais reivindicaron o emprego do noso idioma galego en tódolas situacións, tamén nos cemiterios. Estiveron no programa LUAR da TVG, interpretando a famosa peza "Muiñeira de Santo Amaro", coreada por tódolos asistentes. Comentamos varias e interesantes cousas sobre ese grande Grupo Musical galego que tanto encandila nas súas actuacións.

A segunda hora comezámola conectando con LUCÍA FERRO, escritora e poeta lucense coa que comentamos algunhas cousas relacionadas coa súa creatividade escritor e poética. Precisamente estivo presentando o seu ultimo libro: "Brandan" na Librería Bahía de Foz", días atrás. Agasállanos coa lectura dun seu poema dedicado ás persoas deben procurar coidarse de sí mesmos. Convidámola a participar na nosa revista "Lúa Nova" da Asociación C.G. Rosalía de Castro de Cornellà. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe.

Despois escoitamos unha peza que leva por título "Colgando", do Grupo Musical FACTORIA DE SUBSISTENCIA, para recibir a "Josito Porto" un dos músicos compoñentes. Agradecémoslle que nos atenda e conversamos con el sobre a composición do grupo: Josito Porto, Sabela Dacal, Rafa Otero e Adrián Ríos. Tamén nos fala das súas influencias musicais, dos contactos con outros músicos e compositores, do estudio de gravación AldeaGlobal de Pablo Vidal... Desexamos que teñan moita sorte na súa andaina musical.  E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora, coa súa música, claro.

Deixamos aquí o programa enteiro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario