
Comezamos o noso programa coa nosa sintonía de sempre, as salutacións e ofrecémoslles un bocadiño de música para poñernos en contacto con
PEPE FORMOSO, do
Bela Fisterra e
Bela Muxía. Parabenizámolo pola fermosa celebración que fixeron no Bela Muxía para celebrar as Letras Galegas 2025, mediante a actuaciónción das Pandereteiras da
Universidade Popular de Corcubión XAVIÑANAS e as RINCHONAS. Conversamos con el e fainos partícipe dalgunhas novidades que nos comenta polo miúdo, en especial esa exposición no Bela Fisterra: Ruta dos Peixes e dos Faros, a exposición do Colectivo Retoque Retro. Este venres 23 de maio a partir das 18:30 inaugúrase a exposición cunha selección de pezas creadas con coloridas crebas (refugallos qeu desbota o mar). Tamén no convida á próxima celebración do evento Eno-Literario previsto para o día 7 de xuño próximo e que contará con cen viños de Galicia e cen libros, coa participación de moitos autores e escritores. Agradecémoslle a súa colaboración no noso programa de hoxe e desexámoslle que teña moito éxito.

O seguinte convidado é RUBEN GARCÍA, un músico auto-didacta que toca o Acordión Diatónico con moita mestría. Estivo participando na homenaxe que lle fixeron a Pazos de Merexo, un grande intérprete deste instrumento. Tamén nos comenta que ten actuado en moitos eventos aos que o convidan para tocar. Outra novidade que nos revela, e u pequeno adianto refírese a que pronto terán algunha publicación xunto con un baixista que tamén toca con el. Chamaranse "Zoupalleahí". Agradecémoslle a súa participación e desexámoslle que teñan moito éxito na súa andaina.
Recibimos ao noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? e que está sub-dividida en tres partes: O Bule-Bulo, Que pasa, que pasa na Ribeira Sacra e Sabedoría Popular, na que sempre ten a participación dun personaxe de relevancia. Nesta ocasión é Xan Veiga, que nos agasalla coa súa aportación reflexiva. Agradecémoslle a súa crónica tan ben argallada.

Conversamos un chiquiño co noso novo técnico, DANI, que é o responsable de que esta nosa emisión saia en antena. Agradecémoslle a súa grande profesionalidade e seguro que teremos unha andaina moi fructífera. Aproveitamos para anunciarlles a proposta seguinte para que escoiten e disfruten. Trátase do audio dun documental que leva por título: "Ferro, madeira e pel", dirixido a tódolos públicos no que se aborda o papel das cantareiras homenaxeadas no Día das Letras Galegas 2025. A peza conta coa participación de Tanxugueiras, Xabier Díaz, Bieito Romero, hydn, Aldara Palmeiro e Carlos G. Casás. Buscaremos a maneira de poñernos en contacto co productor, Paco Guitián Valeiro. Podedes disfrutar del no seguinte enlace:
Este é o audio que anunciamos no parágrafo anterior co que seguro disfrutaredes, e con el queremos celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS - 2025, con todos vostedes. Agardamos que sexa do voso agrado.
Deixamos aquí o programa Completo-Enteiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario