Comezamos, coma sempre, coa nosa sintonía, as salutacións e un bocadiño de musica para intentar poñernos en contacto co primeiro convidado. A verdade é que non puidemos contactar co TONO CORREA CORREDOIRA. Tivo un imprevisto que nos comunicou despois da emisión do programa. Sentimos moito non poder parabenizalo en directo, pero fixemos o posible por comunicar algunha cousa relacionada coa pretensión que tiñamos de conversar con el e falar da súa traxectoria artística e pictórica, así como da homenaxe que lle fixeron recentemente na Coruña. Faremos o posible por ofrecervos esa comunicación e charla noutra ocasión e seguro que nos deleitará coa súa intervención. Aproveitamos a ocasión para falar da "Festa Galega de Can Mercader" que se celebrará os días 20, 21 e 22 de xuño en Cornellà, organizada pola nosa Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro.

Seguimos a emisión e despois de escoitar unha peza muscial poñémonos en contacto con
SABELA CAAMAÑO, do Grupo
"Caamaño&Ameixeiras", a quen felicitamos polo recente premio a nivel Nacional que acaban de recibir. Fálanos dos Concertos que teñen previsto realizar próximamente, o día 15 deste mesmo mes en Braga (Portugal), o día 20 en Pantón, os días 27 e 28 en Betanzos (Festival do Pasatempo), o día 28 en Burela... ... unha xira que continuará no mes de xullo en Vigo, en Huesca e en Francia... Agradecémoslle a súa amable atención e desexamos que sigan colleitando moitos éxitos.

Conversamos con
NÉBEDA PIÑEIRO, Profesora e Directora de
"Lina e Lola" un grupo de Pandereteiras e Cantareiras do Morrazo que teñen moito predicamento e son moi solicitadas as súas actuacións. Fálanos da súa traxectoria e recolleita de pezas de música tradicionais. As súas intervencións en diversos escenarios dan fe da súa valía. Estiveron no Luar da Televisión Galega, e actuaron con moitos e recoñecidos artistas da canción galega. Felicitámola polo seu traballo e desexamos que teñan moito éxito, nesa próxima noticia que nos indicou que pronto será publicada.
Conectamos con
GUSTAVO PINO SALGADO, Licenciado en Dereito e escritor cunha certa producción literaria. Acaba de publicar unha novela, que leva por título:
"MALDAD EN LOS TÚNELES", ambientada na comarca de Verín (Ourense). Coméntanos algo da trama que se pode atopar na súa lectura, unhas covas que aloxaron "fuxidos" da guerra civil, túneles que foron explotacións mineiras de wolframio e outras narracións noveladas que seguro terán moito interese para os interesados. Tamén nos da a coñecer a
súa páxina onde se poden atopar todas as súas publicacións para poder mercalas. Agradecémoslle a información detallada e desexamos que teña moito éxito.
Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. ¡Que teñan unha feliz semana!
Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario