Unha semana máis ofrecémosvos este programiña de radio en galego tentando entretervos e que pasen unha hora agradable. Nos controis de son Damiá, na locución Xulio Couxil e ARMANDO FERNÁNDEZ dirixindo.
A sección QUEN CHE PREGUNTOU? realizámola coa colaboración do noso correspondente en Galicia, na capital da Ribeira Sacra, Monforte, XOSÉ M.Montes, que coma sempre nos recrea as noticias recentes que el mesmo escolle, para darlle un "toque retranqueiro" e desenfadado.
Na segunda parte do noso programa, e aproveitando a conexión que nos facilitou SANDRA, de Comerengalicia.es, falamos con LOLY, a "chef" do Restaurante A TABERNA DO TRONCO, en Chavín-Viveiro (Lugo), con quen mantemos unha pequena conversa-entrevista moi enriquecedora e con moita información relacionada co seu establecemento, co seu entorno e coa gastronomía galega. Agradecémoslle a súa aportación e colaboración.
Na vindeira semana tentaremos facer outro programiña máis, con moitas novidades e sorpresas para tódolos nosos oíntes e seguidores.
Non nos fallen. ¡¡¡ Agardámolos a todos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario