jueves, 19 de diciembre de 2013

Ultimo programa do 2013

XOVES 19 de decembro do 2013

Como cada semana voltamos a ofrecervos un programiña máis de radio en galego. Comezamos dándolles a ben-vida a todos e propoñéndolles escoitar unha peza tradicional da nosa música galega. Despois dos saúdos de rigor poñémonos en contacto con MANUEL MARÍA VEIGA, do Grupo MILESIOS, que veñen de publicar un disco titulado: "ALEN MAR". Escoitamos algunha das súas interpretacións e comentamos algo do seu traballo e percorrido musical. Agradecémoslle a atención que nos dispensaron e comprometémonos a volver a comunicarnos con eles para que nos vaian informando da sea traxectoria e dos traballos que vaian publicando.

Comentamos un chisco as novidades que nos chegan á Redacción, intercalando con algunha peza musical dos discos que nos enviaron de FOLK e BOA MÚSICA, a saber: Radio Cos, Sondeseu e Kepa Junquera.

Na segunda hora conectamos co noso correspondente XOSE M.F.MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU, e que nos fai un pequeno percorrido por algunhas das informacións que el mesmo escolle, adxuntándolle un bocado de humor e retranca galega.

Volvemos a achegarnos a terras lucenses, concretamente a CASTROVERDE, para falarmos co director da Banda de Gaitas ZUNCURRUNDULLO, don CÁNDIDO DÍAZ, co que mantemos unha conversa-entrevista moi xeitosa e na que nos da información do seu traballo e propoñémoslle voltar a conectar con el para que nos pormenorice moito máis sobre esa Asociación-Banda de Gaitas, que ten acadado tantos éxitos.


Desexámoslles unhas moi Ventureiras Festas do NADAL e un feiticeiro ANINOVO 2014. Voltaremos o día 16 de xaneiro do ano que ven.

No hay comentarios:

Publicar un comentario