Un día máis con vosoutr@s. Tentamos levar adiante este programiña en galego para disfrute de todos e estamos ao voso dispor con respecto a tódolas vosas suxerencias. Hoxe comezamos conectando con Galicia para falarmos con RAMÓN BLANCO, un profesor, escritor e poeta das terras de A Coruña, concretamente de OUTES, con quen xa tivemos algunha que otra conversa radiofónica, pero que agora é moi interesante a súa participación para que nos informe dalgunhas novedades e informacións. Agradecémoslle a súa participación e dedicación e comprometémonos a volver a falar con el en datas vindeiras, para que nos siga ilustrando cos seus ensinos.
A segunda participación-conversa é con XOAQUIN XESTEIRA, un Músico-Profesor galego que ademais é o Director da Fundación SONdeSEU, a Orquestra da ETRAD de VIGO. Comentamos un chisco a traxectoria desta formación musical e fálanos do ultimo traballo publicado: Danzas Brancas, mentres escoitamos algunha peza deste ultimo disco. Agradecémoslle que perdera eses minutiños connosco e prometémonos voltar a falar con el sobre os seus concertos exitosos.
Na segunda hora conectamos co noso correspondente na RIBEIRA SACRA, Xosé Manuel F.Montes, que nos ten seleccionadas varias informacións galegas e remata a súa sección QUEN CHE PREGUNTOU, con algunha sentencia retranqueira, como é habitual.
Denantes de rematar, falamos novamente con Galicia, concretamente con don JESÚS, o xerente de QUEIXOS O CASTELO, de Pedrafita do Cebreiro. Mantemos unha conversa moi entretida e agradable e danos a coñecer algunha cousa que seguro é esclarecedora para tódolos nosos oíntes. Prometémoslle visitalo e voltar a falar con el en próximos programas ou emisións.
A vindeira semana máis, e se é posible, mellor. ¡¡ Agardámosvos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario