jueves, 13 de febrero de 2014

XOVES, 13 de FEBREIRO do 2014

Comezamos a nosa emisión calando con don JUAN MANUEL, da Vivenda Rural CASA CASARELLOS, que ven de recibir un importante premio no XV SALON INTERNACIONAL DE GASTRONOMÍA E TURISMO en Ourense. Unha conversa-entrevista moi esclarecedora e con moita información para que tódolos nosos oíntes poidan achegarse e visitar este lugar acolledor.

A segunda parte dedicámoslle-la ao COXGA, Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia. Da man de dona LOLI LÓPEZ, a xerente deste Colexio Oficial. Fálanos da récente entrega dun DIAMANTE, con motivo do Sorteo de Nadal. Recibimos as novidades e informacións relacionadas cos Profesionais da Xoiería, Ourivaría, Pratería, Reloxería e Xemoloxía de Galicia e agradecémoslle a súa desinteresada aportación e dedicación no noso programa.

Agora paramos a falar con XOAN EIRIZ, un Profesor de música e Cantautor galego que ven de publicar o seu 13 CD que leva por título : "DESDE AS CORDAS DO MEU CORAZÓN". Ademáis de manter con el unha conversa-entrevista moi agradable, aproveitamos para poder escoitar algunha das súas interpretacións musicais. Agradecémoslle a súa atención e prometémonos voltar a falar con el en vindeiras datas, se nos é posible.


Despois falamos con Carmen, da Vivenda Rural Casa da Cabaza, que nos pon ao corrente da súa novidosa iniciativa: "Sorteo Operación RESCATE". Moi interesante e para a que lles desexamos que teñan moito éxito. Agardamos poder voltar a falar con eles noutra ocasión. Denantes de rematar parámonos, un bocadiño, para darlles a coñecer algunhas das noticias chegadas á nosa Redacción. Escoitamos outra peciña de música.

E despedímonos de toda a nosa audiencia, convidándovos a que voltedes  sintonizarnos o vindeiro xoves.

No hay comentarios:

Publicar un comentario