Outro programiña máis en galego. Comezamos co relatorio que nos fai o noso encargado do Deporte Galego: ABEL HORTAS, que nos pon ao corrente do que aconteceu nos encontros de 1ª División de Fútbol, así como o C.F.D.Lugo, que xoga en 2ªDivisión.
A segunda comunicación é con BEGOÑA RIOBÓO, que nos fala do seu segundo CD: QUIRAL, que acaba de presentar e que xa se pode mercar. A conversa, moi amena e chea de informacións fainos disfrutar xa que ademáis imos escoitando algún que outro tema do seu CD. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moitos éxitos.
Na segunda hora conectamos coa Capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, dende onde nos fala o noso correspondente XOSÉ M. F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? e que sempre ten varias informacións interesantes, que as remata cunha serie de intervencións cheas de certa retranca galega, moi axeitada.
A ultima conversa-entrevista é con ELENA FERRO, ZOQUEIRA de terceira xeración; unha artesana galega de primeira orde, dona da marca "EFERRO", que comercializa as súas propias creacións modernas e cheas de tradición e encanto moi actuales e de pasarela. Agradecémoslle a súa atención e prometemos voltar a falar con ela para que nos poña ao corrente das novidades que vaia realizando no seu taller. Tamén nos adiante, en primicia para tódolos nosos oíntes e seguidores, que o vindeiro mes de SETEMBRO, realizará unha Festa para celebrar os "100 ANOS de Existencia" dese taller de construcción de zocos, marroquinería e outros complementos.
Lembren que este programa poden escoitalo novamente os domingos de 13 a 15 horas, na súa re-emisión semanal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario