Día da MERCÊ
¡Felicitacións a tódalas Mercedes!
Unha nova emisión de radio en galego. E encetamos conectando con ABEL HORTA, o noso encargado do deporte galego, que nos pon ao corrente dos éxitos acadados nesta semana, poñendo especial interese no de JAVIER GÓMEZ NOYA, que ven de acadar o seu 5º título MUNDIAL de TRIATLÓN. Despois fálanos do CELTA, que gañou as dúas ultimas xornadas de liga, co Sevilla e co Barcelona; tamén nos comenta cousas do CORUÑA e do C.Deportivo LUGO. E para terminar fainos unha pequena sección de baloncesto, para ternos ao día deste deporte en Galicia.
A primeira entrevista deste serán é con MERCHI ALVAREZ FERNANDEZ, Presidenta de AME-Galicia (tamén en facebook: Galiciame). En primeiro lugar infórmanos do que significa ter AME (unha enfermidade neurodexenerativa, pouco coñecida), porque ela mesma a padece. Tamén nos dí cómo podemos participar con eles e cómo se pode sensibilizar á sociedade con este problema. Agradecémoslle a súa aportación e colaboración neste noso programa. Tamén lle enviamos un saúdo moi cordial e agarimoso a RICARDO, que intervíu, en directo, para felicitar a Merchi polo seu traballo e comprometémonos facer os posibles por manter unha comunicación máis asídua con ela para ter informados aos nosos oíntes e seguidores.
Na segunda hora falamos co noso correspondente na Ribeira Sacra: Xosé Manuel F.Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, que nesta ocasión ponnos en comunicación cun adegueiro ecolóxico MANUEL, que tamén está a vendimar nas ladeiras de DOADE. Prométenos enviar a súa colaboración fotográfica ao longo do día de hoxe.
A ultima entrevista desta emsión é con don. XOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Presidente da D.O.RIBEIRA SACRA, que ademais é dono da Adega Décima. A conversa discorre arredor da colleita deste ano, así como das diveresas posibilidades e outras actividades das que se pode disfrutar cando nos achegamos a ese lugar tan feiticeiro. Agradecémoslle a súa atención e tomamos nota para poder voltar a comunicarnos cando teñan algunha novidade que ofrecernos.
A vindeira semana agardámosvos outra vez. Non deixedes de sintonizarnos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario